A escritora é a única sorpresa das listas á Executiva do BNG presentadas este serán pola Alternativa pola Unidade e a alianza de Máis Galiza e Irmandiños. Listas completas no interior.
Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/01/2012
Hoxe pechaba o prazo para inscribir as candidaturas á Executiva que se votarán na Asemblea do BNG esta fin de semana. Nas dúas listas con máis opcións non hai grandes sorpresas. Tanto UPG como a alianza de Máis Galiza e irmandiños apostan polos seus pesos pesados.
Así, a candidatura da Alternativa pola Unidade (APU) está encabezada por Guillerme Vázquez. A APU é a alianza de independentes máis a Unión do Povo Galego, o partido comunista máis numeroso na fronte e o máis poderoso na fronte dende hai lustros.
Francisco Rodríguez, líder do comité central da UPG, tamén está na lista. A única sorpresa é a presencia de Teresa Moure, profesora na facultade de Filoloxía da USC e escritora premiada en numerosas ocasións. Moure xa foi candidata do BNG ao senado este inverno e nos últimos meses é unha das caras visíbeis de Sermos Galiza, a iniciativa cidadá que lanzará un grupo de comunicación nos vindeiros meses.
A deputada Carme Adán, o deputado nas Cortes e candidato a cabeza de cartel á Xunta Francisco Jorquera, a secretaría de organización do BNG Montse Prado, o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, a deputada no Hórreo Ana Belén Pontón, a voceira na Pobra do Caramiñal e responsábel de comunicación do BNG Rosana Pérez completan a candidatura da APU.
Na seguinte lista figuran o resto de candidatos ao Consello Nacional:
11 Mario Outeiro Iglesias, Lugo centro
12 Mª Tereixa Paz Franco, Ourense-O Carballiño
13 Alberte Ansede Estraviz, A Coruña
14 Iria Aboi Ferradás, O Morrazo
15 Xosé Ramón Ermida Meilán, A Mariña
16 Mª Isabel Serantes Gómez, Ferrolterra
17 Carlos Fernández Concheiro, Costa da Morte
18 Carme Dasilva Méndez, Pontevedra
19 Bieito Lobeira Domínguez, O Morrazo
20 Elvira Cienfuegos López, Compostela
21 Xoán Manuel Sande Muñiz, Bergantiños
22 Paz Abraira Sobrado, Lugo centro
23 Manuel Caride Correa, Vigo
24 Anabel Gulías Torreiro, A Estrada-Deza
25 Fernando Branco Parga, Ferrolterra
26 María Xosé Bravo Sanjosé, A Coruña
27 Xosé Manoel Fírvida Plaza, Ourense-O Carballiño
28 Isabel García Rodríguez, Monterrei
29 Xosé Manuel Méndez Díaz, Baixo Miño
30 Pilar Blanco López, O Morrazo
31 Pedro Pereira Fernández, O Condado
32 Ana Mª Vérez Gómez, Ferrolterra
33 Xosé Agapito Romeiro Barreiro, Muros-Noia
34 Cristina Ferreiro López, Lugo centro
35 Gonzalo Carlos López Pérez, Celanova-Baixa Limia
36 Raquel Jabares Fernández, A Coruña
37 Manuel Agra Villar, Valdeorras
38 Milagres Lantes Seara, Bergantiños
39 David Otero Domínguez, O Salnés
40 Manuela García Freire, A Montaña
41 Luciano Sobral Fernández, Pontevedra
42 Ana I. Paz Vilar, O Ribeiro
43 Xosé Antón Ledo Pan, Lugo sur
44 Mª Teresa Devesa Graña, Allariz-A Limia
45 Antonio Veiga Outeiro, A Mariña
46 Ánxela Franco Pouso, Muros-Noia
47 Ramón Noceda Caamaño, Costa da Morte
48 Marisa Vázquez Barquero, Emigración
49 Alfredo Suárez Canal, Ourense-O Carballiño
50 María Pilar García Negro, A Coruña
Suplentes
1 Manuel Luís Álvarez Angueira, Pontevedra
2 Cecilia Pérez Orxe, Vigo
3 Rubén Cela Díaz, Compostela
4 María do Mar Vila López, A Estrada-Deza
5 Xosé Manuel Carril Vázquez, A Coruña
6 Esther López Rodríguez, Lugo centro
7 Uxío Benítez Fernández, Baixo Miño
8 Branca Mª Rodríguez Ávila, Valdeorras
9 Henrique del Río Otero, A Coruña
10 Susana García Rodríguez, Ourense-O Carballiño
11 Héctor Méndez Abeledo, O Ribeiro
12 Rosa Abuín Rodríguez, O Salnés
13 Federico Xosé Gutiérrez Estoa, A Mariña
14 Cristina Andrade González, A Barbanza
15 Daniel Rodas Chapela, O Morrazo
16 Mª Ánxeles Sánchez Mancebo, Costa da Morte
17 A. Iván Ribas Rico, Ferrolterra
18 Iria Salvande Lorenzo, Vigo
19 Secundino García Casal, Ferrolterra
20 Mercedes Mourenza Fernández, Lugo centro
21 Xosé Manuel Millán Otero, O Morrazo
22 Mónica Velasco Pérez, O Condado
23 Xoán Carlos Domínguez Alberte, Celanova-Baixa Limia
24 Carolina Castiñeiras Brandón, Bergantiños
25 Armando Carril Casanova, A Montaña
26 Antía Neves Rodríguez, Lugo sur
27 Néstor Rego Candamil, Santiago
28 Alba María Feixóo López, Allariz-A Limia
29 Xavier Rodríguez Fernández Vigo
30 María do Mar López González, Ferrolterra
31 Xoán Branco Fernández, A Estrada-Deza
32 Marta Dacosta Alonso, Vigo
33 Xosé António Vázquez Cobas, A Barbanza
34 Ana Belén Ermida Igrexas, A Mariña
35 Henrique Viéitez Alonso, Vigo
Máis Galiza e irmandiños
Por parte de Máis Galiza, irmandiños e independentes presentaranse Carlos Aymerich (tamén candidato á cabeza de cartel á Xunta e líder de Máis Galicia), Sandra González, alcaldesa de Tomiño; Martiño Noriega, alcalde de Teo; Concha Trigo, a deputada Ana Luisa Bouza e Xoán Bascuas. Ao fronte de todos eles Xosé Manuel Beiras, líder dos irmandiños e ex-voceiro nacional da fronte.
Na lista ao Consello Nacional desta alianza non está Teresa Táboas, que si apoiou publicamente aos irmandiños, nin o ex-senador Xosé Manuel Pérez Bouza, próximo a Máis Galiza e que advertiu dunha posíbel ruptura do Bloque se non hai un cambio de rumbo na ruta que marca democraticamente a UPG. Si está nesta lista o histórico Camilo Nogueira e un representante do Partido Nacionalista Galego - Partido Galeguista, Luis Seara.
O Movemento Galego ao Socialismo tamén presentou lista, encabezada en principio por Rafa Villar, concelleiro en Santiago. GC ampliará nuns minutos a información sobre as candidaturas.