PPdeG e BNG poderían gobernar xuntos en Cee
A decisión xa está tomada e só falta o consentimento da dirección do BNG, que se opón ao acordo, a pesar de que a asemblea local xa aprobou a operación. Os populares xa deron o seu visto e bo.
Por Ubaldo Cerqueiro | Cee | 10/02/2012
Parece que xa está en cernres a moción de Censura no Concello de Cee. PP e BNG locais xa teñen prantexada unha repartición de competencias que deixarían á popular Zaira Rodríguez como alcaldesa. É posible que ao longo desta semana se faga efectiva, pero parece que os partidos están atando as últimas precaucións xurídicas.
Xa ao remate das Municipais de maio do 2011 ambos partidos estiveran preto do pacto, pero daquela a Asemblea Local do BNG se pronunciara en contra de aliarse co PP. Parece que a día de hoxe, e tras coñecer de preto a realidade municipal, a situación ten cambiado e a Asemblea Local dos nacionalistas, xa consciente do dano que está a facer o actual alcalde nas arcas municipais, aproba o pacto.
Problemas para a dirección do BNG
Parece que non gusta tanto entre a dirección do BNG. A nova Lei antitransfuguismo podería poñer trabas ao pacto, a pesar de ser interpretable. De feito, se finalmente o BNG nacional fai caso omiso das necesidades dun pobo e decide expulsar aos 3 edís ceenses do partido, estes pasarían a ser independientes e poderían ser xulgados pola nova lei, impedindo así o pacto.
A que non solta prenda é a propia Zaira Rodríguez. A posible futura alcaldesa limítase a dicir que “nós estamos a día de hoxe na oposición, e cando haia algo que dicir, direino”, afirma.
Entrementres o pobo de Cee segue apoiando ao seu alcalde, e así o demostraba nun novo baño de masas na cea dos Independentes a pasada fin de semana. Nin as súas 7 imputacións, nin as subidas de impostos, nin a elevada débeda municipal, nin a saída a ombreiros do campo da festa, nin a falta de apertura de edificios tan importantes como a Casa da Cultura, a Gardería ou o C3M son abondo para a necesidade dun cambio.
Nova do blog colaborador QPC