"Como se pode estruturar un partido, unha fronte e un movemento social?"

EI, +G e Ecogaleguistas debaten sobre o futuro dun novo proxecto político que nin será unha fronte nin un partido clásico senon o que a xente "queira que sexa". “Eu son máis leninista que Paco Rodríguez”, asegura Beiras.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/03/2012 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

“Como se vai a organizar a futura nova esquerda galega?”. Esta foi a sinxela pregunta formulada por un estudante aos líderes de EI, +G e Ecogaleguistas, tres dos principais grupos que nas últimas semanas tiveron contactos formais e informais para proñer en marcha un novo proxecto político, reunidos nunha mesa redonda en Santiago.

None

 

“Que fórmula é a máis axeitada se un aposta por unha fronte, o outro por un partido clásico e o outro por un colectivo cidadán?”, insistiu o rapaz. Unha pregunta que fixo reflexionar, e moito, a Xosé Manuel Beiras, Xoán Báscuas e Manuel Dios, os representantes de EI, +G e Ecogaleguistas, respectivamente, sin que, ao final, se chegara a unha resposta conxunta. “Serán as conversacións que manteñamos e o que digan os cidadáns o que o acredite”, apuntou Beiras.

 

E é o coordinador de EI quixo deixar moi claro que el agora xa non fala de “frente”. “Iso era cando estabamos dentro do BNG”. “Pero, que facer para manter a pluralidade política nunha organización na que só hai individuos?, como os estruturas a todos?”, preguntouse o veterano dirixente. “Pois serán as correntes ideolóxicas e a práctica de traballar o que o decantará pero sen facer apriorismo”, respondeuse.

 

Beiras insistiu que serán as conversas entre todos os grupos os que determinen se o futuro espazo será “socialdemócrata, trosquista, galeguista, soberanista, nacionalista” ou “leninista”. “Eu son máis lenista que Paco Rodríguez, pero non se trata de meter o lenismo na práctica politica”, indicou.

 

Pola súa banda, Manuel Dios entende que o frontismo “xa está superado” porque naceu non momento histórico concreto “que xa non está vixente”. “Por iso falamos dunha alianza de base ampla; ben de tipo electoral ou ben un modelo novo, que é o que buscamos, como é o de Amaiur ou L’Olivo en Italia”, engadiu.

 

Tamén Báscuas botou man do mesmo exemplo en Italia e en Euskadi para indicar que o “máis importante non son as ferramentas”. “As estruturas partidarias tradicionais xeran distancia co cidadán. Por iso, o problema non está na estrutura senón en como nos retroalimentamos uns dos outros”, aclarou.

 

Relación co BNG

 

Ningún dos tres dirixentes ten especial interese en afondar nas feridas abertas dentro do nacionalismo galego. “Non vou falar de relacións co BNG. Eu estou fora. Como reaccione o BNG traeme sen coidado. Non me podo preocupar do que fará o BNG porque xa cando estaba dentro negaban as doenzas e agora pensan que es un desleal. Hai xente moi normal da U e doutros que son uns bestias”, respondeu Beiras sobre esta cuestión.

 

Tamén Báscuas insistiu na mesma idea. “Para min o BNG deixou de ser BNG. Eles poden facer o que queiran e nós faremos o que teñamos que facer”, dixo e, para superar iso apelou á “pedagoxía”. O máis importante, agora, dixo, é a interlocución coa cidadanía para que entenda que existe un novo proxecto.

 

“O noso adversario político é a dereita e non o BNG. Por iso non debemos mirar para nós mesmos porque fracasaremos e temos que ofertar un proxecto novo”, engadiu Manuel Dios.

 

Modelos

 

Sobre o proxecto Ecogaleguista, Manuel Dios sinalou que “non é un partido clásico ou tradicional”. “Nin sequera queremos ser un partido”, dixo sobre este movemento, cuios militantes “non veñen do BNG”, puntualizou.

 

Neste sendo apuntou que este proxecto se organiza a través de xestoras e “non hai líderes” e que pretende “transformar a esquerda”. Dios destacou a importancia dos movementos sociais, do 15M e da plataforma Bencomún. “Hai moita xente da esquerda desorientada coas actuas plataformas políticas porque non se sinten representados polas forzas tradicionais”.

 

Sobre os seus principios indicou que son “neogaleguistas”, “ecogaleguistas”, “antimonopolistas”, defenden a “soberanía nacional” e un “país de todos e todas”, a actuación en rede, buscar “novas formas de entender a política” e a recuperación da “ética civil”.

 

“Propugnamos a cooperación política máis que a guerra politica e por iso propoñemos o diálogo e a concordia. Non queremos reeditar o frontismo senón unha formación con base social ampla”, destacou.

 

+G

 

“Eu teñome por unha persoa sensata e mesmo acobardada, pero o que si teño claro é estar en algo que ti podes construir de cero e non onde non te queren”, dixo Xoán Báscuas para dar conta dos últimos acontecementos deste novo partido que decidiu escindirse do BNG hai unha semana.

 

Sobre os seus obxectivos; nacionalismo, autodeterminación, superación do ámbito autonómico, socialdemocracia e defensa do estado de benestar. Báscuas sinalou que agora +G está tentando organizandose nas comarcas e por iso, dixo, que a moitos cargos municipais se lles está dando unha “cobertura legal”.

 

Tamén apostou por achegarse á cidadanía “coñecendo as súas necesidades e demandas” cun discurso “suficientemente flexive” para que “caiban todos”. “Só imos ter unha única oportunidade e é responsabilidade de todos os que teñen capacidade de decisión de aproveitar esa oportunidade e todos teñen que ser xenerosos, flexibles e intelixentes”.

 

Báscuas suliñou que non houbo conversas formais, nin acordos previos con ningunha outra formación para artellar un novo espazo político. “Será a partir do 31 de marzo cando analizaremos todo isto”, aclarou. E sobre o modelo a elixir, descartou a fronte para evitar “novos partidos guías”.

 

Encontro Irmandiño

 

Pola súa banda, Beiras destacou o interese que bule por crear “algo novo”. “Estamos ao final dun ciclo histórico”, indicou. Por iso, defendeu que parte da esquerda galega se teña “reorganizado” para evitar “manter unha alcaldía, unha concellería ou un curre no aparato do partido”.

 

“Chegamos a conclusión de que non era posible de refundar o BNG desde dentro e por iso decidimos facelo desde fora”, sinalou. “Facía falta coraxe política e moral”, sinalou en alusión ao alcalde de Teo, Martiño Noriega. “É xente que tiña responsabilidades nun concello e que se botou á piscina sabendo que ían ser represaliados polo aparato que son como os machistas, mallan no máis débil”.

 

Beiras insistiu en que para facer política hai que estar coa xente e na sociedade e “non desde un despacho”. “Por iso cando fala Pachi Vázquez, Guillerme Vázquez, Frijol ou Rubalcaba ou Rajoy, que parecen personaxes do Greco, pois falan en chinés para a xente”, ironizou.

 

Por iso, dixo, faise necesario promover unha dinámica civil para que a xente se organice. “Hai que volver saber ler a Marx, a Lenin, aos que inspiraron as revoltas sociais... e mesmo aos galeguistas, aos que fundaron o Partido Galeguista”, insistiu ao falar sobre este novo proxecto que xire en torno á esquerda.

 

Así apostou por grupos de bases sobre os que pivote un futuro proxecto político sempre desde o principio da “cooperación e non o da competición”. “E promocionamos isto pero sen tentar monopolizalo. Non queremos pratos precociñados”, insistiu sobre este novo espazo. “Non se trata de conservar oligopolios que uns conservan nas finanzas e outros no ámbito político”, dixo ao referirse, novamente, á UPG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 134 comentarios

24 proeficaz

Os electores non lle piden tanto a un partido que sexa pluralista (con ser isto un activo), como que sexa capaz de elexir entre os seus e ir formando axeitadamente bos xestores e gobernantes. Esta idea anda bastante esquecida pola esquerda "ilusionista", sucesora da nova esquerda ianqui. Non chega con criticar, hai que xestionar, e isto non se fai só con boas ideas, precísase formación. Eu, que non son para nada leninista, lembro que Lenin primaba por riba de todo a eficacia e o pragmatismo, e por iso fixo trunfar a revolución.

1 Artús

Tes toda a razón sobre a vital formación esquecida. Lenin predicaba sobre a unión entre a teoría e a praxe. Decía que ningunha teoría valia ren por si soia, sen unha praxe coa que fora da man. Beiras propon moitas teorías pero sin praxe, logo se declara mais leninista que ninguén. Nunca vira en tan mal estado a Beiras. Unha magoa, probe home.

2 Guillermo rodríguez

Artús, demostras un nivel de maleducado supino. atréveste a sentir mágoa por unha persoa para ofendela cando, estou seguro, non tes a categoría suficiente nen para desatarlle os zapatos. Non che pido misericordia para Beiras porque non a precisa, pídoche respecto e un chisco de educación que bvoa falta che fai. Que dano che fixo un político coma Beiras para que esteados encirrados en descualificalo? Demostrades, ti e outros coma ti, que sentides unha tremenda xenreira por non se quen de controlalo. Beiras pola súa dimensión cultural e política é incontrolable da maneira que algúns entenden se debe controlar ao persoal. Ti pareces un deles.

23 Xove

Onte Beiras: "son máis Leninista que Paco Rodríguez". Bascuas: "o BNG escolleu o camiño do marxismo-leninismo..." Agora estes van da man. Logo os Ecogaleguistas na súa constitución xuntan a 40 persoas e agora queren marcar camiños ao resto... Pero alguén entende algo? Galiza segue a ser a nación de moitos que non estamos afiliados a nada, dos que cremos que nin en España nin con España imos a algures, que camiñamos polas nosas vilas, cidades e non escoitamos a un neno falar en galego... Non entendemos estes ataques a unha forza que defende e defendeu a Nación Galega como ningunha, con erros? coma tod@s nós? Ogallá vaia e acabe todo ben mais eu seguirei apoiar ao Bloque en todo o que poida

1 Josefa Charlín

si oh si. Ti eres da UPG. Esa é a realidade. Do resto tes razón. Personalismo, fobias persoais e ansias de poder por enriba de todo.

2 Xove

Non son nin serei xamáis da UPG. Xamáis. Mais vexo con frecuencia que aos que apoiamos ao Bloque se nos tilde de upegallos. Quen son os sectarios?? Con comentarios coma este reafírmome máis como simpatizante do Bloque

3 federico

España non ten a culpa dos galegos non educaren en galego aos seus fillos. Cataláns e vascos na España o fan a os seus nenos falan catalán e euskera. Iso é a proba evidente de que o estado non persigue arestora as linguas non castelás. E se alguén pensa que chega o feito de sermos eventualmente independentes para prestixiar a lingua e que máxicamente todo o mundo empece a falar galego, que se esqueza, Na Irlanda independente é absolutamente imposible escoitar, nunha viaxe polas súas zonas máis remotas, unha palabra en irlandés.

4 Lago

Xove, un pouquiño de por favor... O BNG defendeu a nación ou defendeu o aparato? Que xa somos maiorciños para crermos contos de nenos! Tamén hai que lembrar o calados que estaban os agora revoltosos, desde o Beiras cando foi lider e mentres aspiraba, a candidatos ás xerais hai poucos meses(aquel senador de Ourense...). Cómplices todos no desfacer unha ferramenta política como foi o BNG, pois agora só é iso: pasado.

5 Larchán

Qué doado é criticar os erros dos demais, para aqueles que nunca erraron, porque nada construiron.

22 Manuel P.

Seica polas mañás nos locais da CIG e do BNG non hai moito traballo que facer... e xa se sabe, a comentar nos foros babosadas aínda que o Papa negro prohibira tal. Eu de vós adicaríame a traballar algo máis porque desta creo que vos vai o pan nelo...

1 Quen falou

Que si home, que calquera que te critique é da UPG e é un liberado, xa o sabemos todos, vai tomar a tila anda. Non sei como atopas tempo para comentar mentres traballas na mina.

2 Manuel P.

Comentei ao comer BNliberado ben pagado non coma outros... Dades vergoña arrastrando a vosa baba polos foros agora que xa non vos molestamos. Non sobraba unto??? pois agora adicádevos a dirixir o BNUPG e dexádenos en paz ao resto aduladores do Papa negro

3 Contesta as preguntas

Pero non segues coa túa "militancia" de insultar ao BNG polos foros? Pois agora a min tamén me entran ganas de comentar como fas ti rapaz. Contesta: déronche día libre na mina? E canto tempo botou de liberado o Mesías Beiras no parlamento? A última etapa sen nin sequera dignarse aparecer ??? Eh??

21 maría

Como andades oubeando os da UPG! Non sei de que vos queixades, agora tedes o BNG para vós soiños!

1 Maria Magdalena.

BEIRAS IS GOD.

20 ssss

Estos empezan mal, pero que mui mal, seran sectarios, deixar fora, a CNT, e toda a panoplia anarquista,¡¡¡ a onde imos parar¡¡¡ so con este mimbres non se fai ren. Hai que abrirse mais a sociedade, conmigo que non conten si non teñen unha tendencia acrata, seremos moitos os que nos veremos frustrados. Ou seran estes os acratas e un servidor o trabucado?

1 livre

Calquera ácrata verdadeiro deixa espidos aos teus amigos empresarios e socios do nacionalismo galego: Lence, Gayoso e Méndez, Jacinto Rey, Tojeiro, Martínez Nuñez..., até Dorribo. O BNG tocou poder e deixouse acariñar, agora xa non tedes credibilidade. Só que alguns, iso si, levades os petos máis cheos.

2 ssss

Camaradas anarquistas, non abride a boca senon tamen nos alcumaran de ser unha marca branca da U. e diran logo que estamos vendidos o gran capital e que somos enchufados da CIG, da fruga, da Mesa, do Banco, etc. etc. a si que moito ollo caladiños como bos acratas.

3 Antón

Perdimos tanto a nosa identidade os galegos, que xa non recoñecemos a ironía? O comentario de ssss é un bó exercio dela.