"Como se pode estruturar un partido, unha fronte e un movemento social?"

EI, +G e Ecogaleguistas debaten sobre o futuro dun novo proxecto político que nin será unha fronte nin un partido clásico senon o que a xente "queira que sexa". “Eu son máis leninista que Paco Rodríguez”, asegura Beiras.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/03/2012 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

“Como se vai a organizar a futura nova esquerda galega?”. Esta foi a sinxela pregunta formulada por un estudante aos líderes de EI, +G e Ecogaleguistas, tres dos principais grupos que nas últimas semanas tiveron contactos formais e informais para proñer en marcha un novo proxecto político, reunidos nunha mesa redonda en Santiago.

None

 

“Que fórmula é a máis axeitada se un aposta por unha fronte, o outro por un partido clásico e o outro por un colectivo cidadán?”, insistiu o rapaz. Unha pregunta que fixo reflexionar, e moito, a Xosé Manuel Beiras, Xoán Báscuas e Manuel Dios, os representantes de EI, +G e Ecogaleguistas, respectivamente, sin que, ao final, se chegara a unha resposta conxunta. “Serán as conversacións que manteñamos e o que digan os cidadáns o que o acredite”, apuntou Beiras.

 

E é o coordinador de EI quixo deixar moi claro que el agora xa non fala de “frente”. “Iso era cando estabamos dentro do BNG”. “Pero, que facer para manter a pluralidade política nunha organización na que só hai individuos?, como os estruturas a todos?”, preguntouse o veterano dirixente. “Pois serán as correntes ideolóxicas e a práctica de traballar o que o decantará pero sen facer apriorismo”, respondeuse.

 

Beiras insistiu que serán as conversas entre todos os grupos os que determinen se o futuro espazo será “socialdemócrata, trosquista, galeguista, soberanista, nacionalista” ou “leninista”. “Eu son máis lenista que Paco Rodríguez, pero non se trata de meter o lenismo na práctica politica”, indicou.

 

Pola súa banda, Manuel Dios entende que o frontismo “xa está superado” porque naceu non momento histórico concreto “que xa non está vixente”. “Por iso falamos dunha alianza de base ampla; ben de tipo electoral ou ben un modelo novo, que é o que buscamos, como é o de Amaiur ou L’Olivo en Italia”, engadiu.

 

Tamén Báscuas botou man do mesmo exemplo en Italia e en Euskadi para indicar que o “máis importante non son as ferramentas”. “As estruturas partidarias tradicionais xeran distancia co cidadán. Por iso, o problema non está na estrutura senón en como nos retroalimentamos uns dos outros”, aclarou.

 

Relación co BNG

 

Ningún dos tres dirixentes ten especial interese en afondar nas feridas abertas dentro do nacionalismo galego. “Non vou falar de relacións co BNG. Eu estou fora. Como reaccione o BNG traeme sen coidado. Non me podo preocupar do que fará o BNG porque xa cando estaba dentro negaban as doenzas e agora pensan que es un desleal. Hai xente moi normal da U e doutros que son uns bestias”, respondeu Beiras sobre esta cuestión.

 

Tamén Báscuas insistiu na mesma idea. “Para min o BNG deixou de ser BNG. Eles poden facer o que queiran e nós faremos o que teñamos que facer”, dixo e, para superar iso apelou á “pedagoxía”. O máis importante, agora, dixo, é a interlocución coa cidadanía para que entenda que existe un novo proxecto.

 

“O noso adversario político é a dereita e non o BNG. Por iso non debemos mirar para nós mesmos porque fracasaremos e temos que ofertar un proxecto novo”, engadiu Manuel Dios.

 

Modelos

 

Sobre o proxecto Ecogaleguista, Manuel Dios sinalou que “non é un partido clásico ou tradicional”. “Nin sequera queremos ser un partido”, dixo sobre este movemento, cuios militantes “non veñen do BNG”, puntualizou.

 

Neste sendo apuntou que este proxecto se organiza a través de xestoras e “non hai líderes” e que pretende “transformar a esquerda”. Dios destacou a importancia dos movementos sociais, do 15M e da plataforma Bencomún. “Hai moita xente da esquerda desorientada coas actuas plataformas políticas porque non se sinten representados polas forzas tradicionais”.

 

Sobre os seus principios indicou que son “neogaleguistas”, “ecogaleguistas”, “antimonopolistas”, defenden a “soberanía nacional” e un “país de todos e todas”, a actuación en rede, buscar “novas formas de entender a política” e a recuperación da “ética civil”.

 

“Propugnamos a cooperación política máis que a guerra politica e por iso propoñemos o diálogo e a concordia. Non queremos reeditar o frontismo senón unha formación con base social ampla”, destacou.

 

+G

 

“Eu teñome por unha persoa sensata e mesmo acobardada, pero o que si teño claro é estar en algo que ti podes construir de cero e non onde non te queren”, dixo Xoán Báscuas para dar conta dos últimos acontecementos deste novo partido que decidiu escindirse do BNG hai unha semana.

 

Sobre os seus obxectivos; nacionalismo, autodeterminación, superación do ámbito autonómico, socialdemocracia e defensa do estado de benestar. Báscuas sinalou que agora +G está tentando organizandose nas comarcas e por iso, dixo, que a moitos cargos municipais se lles está dando unha “cobertura legal”.

 

Tamén apostou por achegarse á cidadanía “coñecendo as súas necesidades e demandas” cun discurso “suficientemente flexive” para que “caiban todos”. “Só imos ter unha única oportunidade e é responsabilidade de todos os que teñen capacidade de decisión de aproveitar esa oportunidade e todos teñen que ser xenerosos, flexibles e intelixentes”.

 

Báscuas suliñou que non houbo conversas formais, nin acordos previos con ningunha outra formación para artellar un novo espazo político. “Será a partir do 31 de marzo cando analizaremos todo isto”, aclarou. E sobre o modelo a elixir, descartou a fronte para evitar “novos partidos guías”.

 

Encontro Irmandiño

 

Pola súa banda, Beiras destacou o interese que bule por crear “algo novo”. “Estamos ao final dun ciclo histórico”, indicou. Por iso, defendeu que parte da esquerda galega se teña “reorganizado” para evitar “manter unha alcaldía, unha concellería ou un curre no aparato do partido”.

 

“Chegamos a conclusión de que non era posible de refundar o BNG desde dentro e por iso decidimos facelo desde fora”, sinalou. “Facía falta coraxe política e moral”, sinalou en alusión ao alcalde de Teo, Martiño Noriega. “É xente que tiña responsabilidades nun concello e que se botou á piscina sabendo que ían ser represaliados polo aparato que son como os machistas, mallan no máis débil”.

 

Beiras insistiu en que para facer política hai que estar coa xente e na sociedade e “non desde un despacho”. “Por iso cando fala Pachi Vázquez, Guillerme Vázquez, Frijol ou Rubalcaba ou Rajoy, que parecen personaxes do Greco, pois falan en chinés para a xente”, ironizou.

 

Por iso, dixo, faise necesario promover unha dinámica civil para que a xente se organice. “Hai que volver saber ler a Marx, a Lenin, aos que inspiraron as revoltas sociais... e mesmo aos galeguistas, aos que fundaron o Partido Galeguista”, insistiu ao falar sobre este novo proxecto que xire en torno á esquerda.

 

Así apostou por grupos de bases sobre os que pivote un futuro proxecto político sempre desde o principio da “cooperación e non o da competición”. “E promocionamos isto pero sen tentar monopolizalo. Non queremos pratos precociñados”, insistiu sobre este novo espazo. “Non se trata de conservar oligopolios que uns conservan nas finanzas e outros no ámbito político”, dixo ao referirse, novamente, á UPG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 134 comentarios

14 Marcos Valcarcel

Dame a impresión que aínda non vos decatades que o que hai que trocar é a forma de pensar das personas. Xa vos digo, poido militar no PNG e ir a unha concentración de axuda humanitaria aos presos. Mentres non vos decatedes deso, non hai fórmula posible. Creo que non entendedes o cambio xeracional. Vai con todos os meus respectos cara vós. Deixade os medos e prexuizos da posguerra que vos deixou unha pegada fortísima no voso subconsciente. Tentade chegar á xente e conqueride o máximo de votos posibles. Pero tendes que facer unha exame de conciencia moi profundo. Sei que vivemos nunha sociedade provinciana e que respírase moito clasismo dende que és cativo. Pero fuxide da mente da posguerra, prégovos que fuxades dos prexuizos da posguerra.

1 Antón

Os cambios xeracionais son de índole cultural, circunstanciais e subxetivos, pero a praxe sempre é a mesma. Se pode decir que son mais de envoltorio que de contido. Moncho Valcerce, non veñas ti con onanismos mentais hegelianos ou fin de historías e ideoloxias Fukuyamas, que son só unha disculpa neoliberal para que unha élite domine a maioría. Todos temos un poso de pailanismo, en maior ou menor medida, os que non o recoñezan, son os mais pailans.

2 Marat

As veces o provincianismo ou o pailanismo, só son defensas naturais contra os pedantes que se creen o suficientemente superiores para xulgar e dar consellos.

3 Guillermo Rodríguez Fdez.

Antón, veño seguindo os teus razoamentos e sempre vas bater na mesma pedra. Galicia é como é. Ti nen os teus ides cambiala porque pensedes que sodes os libertadores e tedes unha variña máxica que soluciona o atraso cultural e político deste Pais galego. Non, iso non o ides conquerir. Se forades intelixentes, como parece que sodes lidos, xa tiñades establecidos métodos e maneiras de chegar ata os recunchos deste Pais que non saben quen foi Marx nin lles preocupa. O que buscan e desexan é sair do seu atraso cultural, social e económico; sobre todo nestes momentos de crise estructural.Baixade da nube á que estades subidos. nestes momentos Galicia precisa aplicarlle o que dixeron os clásicos "primun vivere, deinde filosofare" (non cho traduzo porque ti es un home moi lido, ou non?

4 Antón

Acaso vivir non é o xeito mais xenuino de filosofar?. O pobo galego en conxunto, se cadra é moito mais valido que o que creedes. Vexo moito frustrado que culpa ó pobo de suas limitacións. Sodes moi populistas, e os analeses populistas non conducen a ningures. As cousas son moito mais complexas, non é tan doado loitar cos que teñen posesión de todo, principais interesados en cas cousas estén como estén. Todo é a base de loita, e non despreces a capacidade dun grupo de xente concenciada e determinada a cambealas cousas, por reducido que este sexa. De feito sempre co mundo cambeou foi así. E só son un obreiro, orguloso de selo e conscente.

5 Guillermo rodríguez

Estamos nomfondo de acordo; a única discrepancia é nos métodos. E non me dirás que non son importantes os métodos en política. As veces a razón pérdese por non saber expoñela. Aquí todos queremos máis ou menos o mesmo (unha Galiza próspera, unha Galiza dona dos seus destinos; unha Galiza orgullosa de selo; o problema chega cando nos prantexamos a velocidade que debemos imprimir aos movementos políticos para chegar a eses fins. A velocidade e a maneira de conducir.Moi importantes estas dúas cousas para non sufrir ningún accidente polo camiño.

13 Miguel

As opinións que Beiras está vertendo nos medios sobrepasan o umbral calquera crítica lóxica entre organizacións políticas. O seu equilbirio mental non está, claramente, no seu mellor momento e pode non ser todo o bon que os seus seguidores desexarían. Coidado, que aquí perderemos todos, unha vez máis. Sensatez, sentido e non afondemos máis no mal que xa padecemos.

1 lagarteiro

Xa gostaria eu de tol@s a milleir@s coma Beiras neste País. Teríamos toleado de seguir máis anos dentro do BNG. Se che pica, colleo polo rabo, coma os pementos de Herbón.

2 Miguel

Que nivelazo, lagarteiro. Eu pretendía falar en serio polo ben de todos...

3 lagarteiro

Nivelazo o teu, que comezas por chamarlle desequilibrado mental a Beiras. Iso para mín é unha falta de respecto absoluta. Como para considerarte persoa seria. Non pretendas ir de correcto cando es ti quen está maltratando.

4 Antonio Pérez Abalde-Vigo

E dis tique falas en serio e que non queiras insultar?, mira meu vai rañala. Se tiveses a valentía de cara, era coma pra te levar ao xulgado....Pero os fascistas (nazzis ou estalinista que tanto ten) sodes así. Das noxo. Beiras é un grnade home, bo e xeneroso e que nun País normal e normalizado, con xente normal ocuparía un lugar relevante, pero isto é unha colonia de mentes colonizadas coma a túa......Ala, a rañala contra un toxo Migueliño!!!!

5 Miguel

As verdades sempre doen, e as tolemias tenden a contaxiarse. Abur, meus, e que vos vaia ben.

6 Santiago Maceiras

perdoa Antonio Perez Abalde pero só un xili-pollas compara aos nazis con quén os derrotou e nos liberou (temporalmente) de éles.

7 Guillermo rodríguez Fdez.

Miguel, unha cousa son as discrepancias políticas e outra moi distinta é o insulto gratuito. Esconderse detrás dun nome suposto para difamar e insultar a unha persoa, chámese Beiras, chámese perico dos palotes, é de cobardes e cretinos. Perdoa que che fale así, pero o teu non se pode deixar pasar de matute.Un pouco de educación é necesaria para o trato entre as persoas ainda que unha estea un Moscú e a outra en California. Respectiño, sí?

8 3yrw

A ignorancia é contaxiosa, o insulto fácil tamén. Ambos os dous tedes moito que roer e non creo que vos dea tempo a medrar porque sodes seguidores puros do nazismo

9 Hipócritas!!!

Non foi só Beiras quen empregou a imaxe da violencia machista; tamén Bieito Lobeira, voceiro do BNG antes e agora, comparou en maio de 2010 a Jesús Vázquez cun maltratador: http://www.farodevigo.es/galicia/20...–jesus-vazquez-maltratador/438264.html

12 Timixoara

Os nacionalistas do BNG e os ecogaleguistas irmandiños sodes máis ridículos e pesados que unha parella de noivos despois de "romper". Con esta oposición é normal que o nefasto Feijóo saque peito

1 Aristóteles

O peito a Feijóo enchestesllo vos coa vosa cerrazón ao non permitir o diálogo e facer dunha fronte de partidos unha ecuación matemática.Agora, é verdade, que as cousas para a dereita, en principio, preséntanse mellor que se o nacionalismo se presentara unido; pero iso había que velo antes. Agora que fixestedes o imposible para que medio BNG se marchara, agora laiádesvos de que a dereita teño o camiño máis espeditivo. Tarde piaches amigo.Agora toca apandar coas consecuencias dos erros cometidos polos upegallos e demais que lle fixeron coro.

11 Boa viaxe

«O aparato toma represalias contra os que se van, claro, como os machistas que mallan na muller», dijo en clara referencia a lo vivido en Teo por Martiño Noriega, viceportavoz del Encontro Irmandiño. É CERTO QUE BEIRAS DIXO ESA FRASE??? COMO SE ATREVE A COMPARAR QUE A UN SEÑOR LLE PIDAN A ALTA CON MALTRATAR UNHA MULLER??

1 curuxa

Pois está claro, ou de min ou de ninguén. Así de crudo!

2 smxf

Prohibir as metáforas, segar as flores, matar a esperanza con inmensa ignorancia

3 Xa abonda

Xa, e criticar as metáforas machistas do Mesías tamén é maltratalo machistamente. Non te fastidia.

4 Hipocrisía

Non foi só Beiras quen empregou a imaxe da violencia machista; tamén Bieito Lobeira, voceiro do BNG antes e agora, comparou en maio de 2010 a Jesús Vázquez cun maltratador: http://www.farodevigo.es/galicia/20...

10 o equitativo

E din que non hai líderes, entón que é o Beiras? Vai fagocitar a todos, incluída a floritura verbal do Bascuas e ós ecocolacaos O Beiras o acapara todo, non hai máis que entrar na páxina web do desencontro irmandiño. Un auténtico museo-mausoleo da figura do Beiras, el escribe todo, el ocupa todos os videos, el fai todos os artigos, el está en todos os sitios como deus pai unipotente. E despois atrevense a dicir que non haberá líderes? Pero si ata un guía espiritual é un autentico líder. Igual non queren líderes para que ninguén teña que asumir un posíbel fracaso,un xa o conseguiron dividir e debilitar o nacionalismo, o outro hai que velo nas urnas. Din tamén que non saben como se van organizar? Moi doado, a maioría son masóns, téñeno fácil, legalizar a súa loxia. Xa cumpliron o obxectivo liberal e primordial da masonería, acabar co nacionalismo.

1 Rafis

Polo menos a Beiras non fai falta subilo ao escenario do Festival de Amio para que defenda unha enmendiña de chirigota e ter unha excusa para aplaudilo en plan "querido líder", coma a vella ghloria de Baustista. Calade oh, que non tedes nin un so referente mínimamente respetable nese antro.

2 Un beirista conscente

Pero se Beiras é un iluminado que é quen de conquistar mentes tan diversas como os galeguistas, os ecogaleguistas, etc., e toda esta xente se deixa engaiolar por el ¿cal é o voso problema? que non tedes alguén semellante? Xa o tivestes; o propio Beiras; xa o defenestrastes /(ou iso era o que vos propuñiades sen conseguilo), agora só vos toca lamber as vosas propias feridas. Deixades aos iluminados usar una nova lanterna. Cecais a luz que propague nos clarexe mellor o futuro. Pero, por favor, deixada ao Beiras en paz porque máis brn parece que estas namorados del agora que xa non lle podedes facer as beiras. Saúdos.

3 Miguel

Beiristas conscientes fomos todos no seu momento. O problema agora non é que deixemos ou non a Beiras en paz, alá el e os seus lexítimos seguidores. O problema é que Beiras non nos deixa en paz a nós. Hoxe mesmamente, no seu medio de comunicación favorito, compara ao BNG con machistas maltratadores. Aonde imos así?

4 Urco

A volta da xerontocracia

5 Dona Urraca no seu castelo

Miguel, alguén lle repostou a Cerolo que cando Beiras falaba de malleiras e maus tratos facíao coma unha metáfora, nonen sentido literal. Ti voltas polas mesmas e consideras esas verbas unha barbaridade. Home, un chisco de cultura lectora non está de máis, non sí?

6 O muiñeiro da Serra

O feito innegable de que Beiras sexa un referente único no eido nacionalista non o vai cambiar ninguén; nen sequera os da UPG. Outra cousa é que vós teñades a falta de respecto hacia os demáis compoñentes dos colectivos que están negociando como para non consideralos capaces de valerse por sí mesmos. Seriedade, amigo. Báscuas e demais non son nenos da teta política como para deixarse engatusar por Beiras; no suposto de que Beiras tivera esas intencións; cousa, por outra banda, negada por el varias veces. Ata dixo que renuncia a reconstituir outra fronte coma o BNG. Que máis queredes que faga? Que se aparte a un lado e vos deixe o camiño libre? Claro, se Beiras se presenta aos seus anos é que de arrastrar a máis nacionalistas que todos vós xuntos. Seguro. Pero tranquilos. como dixera Castelao hai traballo de abondo para todos.

7 o equitativo

ningún dos comentaristas respostou a miña pregunta, ao contrario, dádesme a razón. Beiras é un líder, entón como se atreve el e os acompañantes a dicir na súa charla que farán un chiringuito sen lideres. O que iso vai ser, ímolo ver o día 30 nas pantallas de todos os cines galegos, VILAMOR.

8 Guillermo Rodríguez Fdez.

Beiras o que dixo é que non pretende facer colaborar nuha formación política que se asente sobre líderes, senón que estea baseada sobre as bases; sobre os distintos movementos sociais que hoxe non teñen referente político estructurado no que apoiarse. Obviamente alguén terá que poñerse á fronte ou imos facer un partido asembleario onde todo mundo mande e ninguén obedeza. Iso chámase anarquía, pero non unha anarquía ordenada, que tamén existe.Así que lede e escoitade ben antes de botar ocarro diante dos bois.