As provincias de Lugo e Ourense permanecen este martes en aviso amarelo por risco de treboadas

Galicia quedará de novo o martes baixo a influencia anticiclónica, aínda que con aire frío en capas altas, fonte de inestabilidade atmosférica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2019 | Actualizada ás 08:54

Comparte esta noticia

Con esta situación, espéranse néboas costeiras no litoral atlántico e ceos con poucas nubes en xeral pola mañá. Pola tarde crecerán nubes de evolución, que deixarán chuvascos treboentos en zonas do interior, localmente fortes e ocasionalmente acompañados de sarabia e aparello eléctrico.

Segundo a información de Meteogalicia, os ventos soprarán frouxos e de compoñente oeste. As temperaturas mínimas estarán sen cambios, mentres que as máximas terán un lixeiro descenso.

En concreto, por cidades, as temperaturas máximas oscilarán entre os 34 graos de Ourense e os 23 da Coruña, mentres que as mínimas estarán entre os 15 graos de Pontevedra e Vigo e os 19 de Ourense.

Raio nunha treboada
Raio nunha treboada | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta