A Xunta destina 600.000 euros á inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero no rural

Estas axudas van destinadas ao financiamento da contratación deste colectivo por parte de empresas, entidades asociativas e persoas titulares de explotacións dos sectores agrario e forestal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2019 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes unha Orde da Consellería do Medio Rural que regula as subvencións para fomentar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero no ámbito agroforestal.

De acordo con esta norma, as axudas, que se convocan en réxime de concorrencia non competitiva, van destinadas ao financiamento da contratación deste colectivo por parte de empresas, entidades asociativas e persoas titulares de explotacións dos sectores agrario e forestal.

Así, poderán ser beneficiarias destas achegas as entidades, empresas e cooperativas que cumpran os requisitos establecidos na orde e que contraten, con carácter temporal, a mulleres vítimas de violencia de xénero inscritas como demandantes de emprego ou de mellora do seu posto de traballo no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Nesta convocatoria, as subvencións están financiadas cun importe total de 600.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do mércores, día seguinte ao da publicación da orde no DOG.

Estas axudas enmárcanse nas medidas incluídas dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que en Galicia coordina a Vicepresidencia da Xunta.

Panorámica da aldea de Naraído.
Panorámica da aldea de Naraído.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta