Sanidade publica a lista definitiva para a adxudicación de 41 novas oficinas de farmacia

Resultaron admitidas 604 persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2019 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición deste martes unha resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade pola que fai pública a lista definitiva de puntuacións obtidas polos participantes no concurso público para a adxudicación de 41 novas oficinas de farmacia.

Resultaron admitidas 604 persoas e todos estes aspirantes deberán presentarse o próximo 14 de setembro ás 9,30 horas ao acto público de elección de oficina de farmacia, que se celebrará no salón de actos do edificio administrativo do Sergas, en San Lázaro.

A diferenza doutros procesos de adxudicación de farmacia, esta é a primeira vez que se convoca a todos os participantes admitidos a concorrer nun acto público único, segundo destaca a consellería nun comunicado.

Farmacia. FLICKR - Arquivo
Farmacia. FLICKR - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta