ADOS fai un chamamento para a doazón de sangue con motivo da ponte do 25 de xullo

O período estival ten dificultades engadidas ao desenvolvemento das campañas de doazón, por factores como a deslocalización dos doantes habituais ou o aumento de accidentes de tráfico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2019 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fixo un chamamento xeneralizado á participación de toda cidadanía na campaña de doazón de sangue 'Verán 2019', especialmente ao grupo Cero Negativo, con motivo desta ponte do 25 de xullo.

A través dun comunicado, a entidade lembrou que as datas inmediatamente anteriores a pontes festivas, como a de 25 de xullo, e a coincidencia das operacións de tráfico de entrada e saída de vacacións, fan preciso aumentar a participación dos cidadáns nas campañas de doazón.

Mensualmente, os hospitais precisan unhas 10.000 doazóns de sangue, cifra que non diminúe no verán. Pola contra, o período estival ten dificultades engadidas ao desenvolvemento das campañas de doazón, por factores como a deslocalización dos doantes habituais ou o aumento de accidentes de tráfico.

Para facilitar esta operación, ademais dos puntos fixos, ADOS porá en marcha dez unidades móbiles que efectuarán visitas a distintos concellos galegos durante os próximos días.

En concreto, este mércores estarán en Arzúa, A Coruña, Ortigueira, Padrón, Teo, Sarria, Allariz, Ponteareas e O Porriño; mentres que o venres se desprazarán a Ares, Cee, A Coruña, Rianxo, Val do Dubra, Chantada, O Barco, A Estrada, Gondomar e Redondela. Finalmente, o sábado estarán en Ares, Cee, Rianxo, Chantada, A Estrada e Redondela.

Doazón de sangue na área sanitaria Pontevedra e O Salnés. XUNTA
Doazón de sangue na área sanitaria Pontevedra e O Salnés. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta