O alcalde de Ferrol nega a palabra á Plataforma pola Remunicipalización no pleno ordinario de xullo

O BNG abandonou a sesión para sentar cos integrantes da plataforma como medida de protesta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2019 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

O primeiro pleno ordinario do Concello de Ferrol con Ángel Mato na alcaldía estivo marcado pola negativa do rexedor a conceder unha quenda de palabra aos portavoces da Plataforma pola Remunicipalización, o que provocou que os dous edís do BNG abandonasen a sesión.

O pleno, celebrado na mañá deste mércores, durou apenas uns dez minutos posto que a orde do día estaba dedicado integramente a dar conta de nomeamentos e dedicacións en diferentes organismos da corporación.

Así, o goberno socialista dispón de cinco dedicacións exclusivas --a do alcalde e catro concelleiros--, mentres que sete dedicacións parciais recaen nos grupos municipais da oposición --cinco para o PP, unha para Ferrol en Común e outra para o BNG--.

Antes do inicio deste pleno, os integrantes da Plataforma pola Remunicipalización solicitaron a palabra para intervir, pero o alcalde negoulles esta petición porque, segundo alegou Mato, esta sesión "só" tiña como obxectivo "dar conta de nomeamentos do pleno de organización".

Tras isto, o portavoz municipal do BNG, Iván Rivas, intereviu para solicitar a Ángel Mato que reconsiderase esta decisión e alertaba que, pola contra, os dous concelleiros nacionalistas abandonarían a sesión.

O rexedor non cambiou a súa postura e os concelleiros do BNG deixaron o seu escano para sentar xunto cos integrantes da Plataforma pola Remunicipalización, que proferiron berros de "tiranía", "falta de democracia" ou "ditador" dirididos cara ao alcalde ferrolán.

PARTIDO POPULAR

Tamén interveu neste pleno ordinario o portavoz municipal do Partido Popular, José Manuel Rey Varela, que solicitou ao goberno municipal que poña en marcha as comisións informativas "para que así se poida empezar a actividade municipal".

O portavoz popular lembrou nesta sesión plenaria que lle están concedendo ao goberno socialista "unha ampla marxe", polo que lles pediron "responsabilidade para pór as cousas en marcha."

Antonio Golpe e  Ángel Mato, do PSOE de Ferrol.
Antonio Golpe e Ángel Mato, do PSOE de Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Inácio

Esta parte da notícia está equivocada: ... los integrantes de la Plataforma por la Remunicipalización, los cuales han protestado por esta decisión entre gritos de “tiranía”, “falta de democracia” o “dictador”. Estas som frases dumha pessoa que foi desaloxada do Pleno que nom é da Plataforma e o motivo da protesta desta pessoa, foi porque o Alcalde também nom lhe permiteu falar.