Temas: XUSTIZA TSXG

José María Gómez y Díaz-Castroverde, novo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

O pleno do CGPJ elixe a Ignacio Picatoste como novo presidente da Audiencia Provincial da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2019 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

O maxistrado José María Gómez y Díaz-Castroverde foi elixido polo pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) como novo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), cargo vacante tras a xubilación de Miguel Ángel Cadenas.

José María Gómez e Díaz-Castroverde
José María Gómez e Díaz-Castroverde | Fonte: Poder Judicial.

Gómez y Díaz-Castroverde obtivo o apoio de 13 dos 21 membros do pleno, mentres que a única muller entre os cinco aspirantes ao posto, María Teresa Conde-Pumpido Tourón, levou o sete votos restantes, xa que unha das vogais non participou no proceso pola súa relación familiar con Conde-Pumpido.

Así, o novo presidente do TSXG encabeza desde xullo de 2009 a Sala do Contencioso Administrativo do alto tribunal galego, cargo no que foi renovado en outubro de 2014. Deste xeito, Gómez y Díaz-Castroverde convértese o substituto de Miguel Ángel Cadenas, que abandonou a Presidencia do TSXG por xubilación tras unha década no cargo.

O novo presidente do TSXG ingresou na carreira xudicial en 1981, sendo os seus primeiros destinos xudiciais os xulgados de primeira instancia e instrución de Osuna e Mondoñedo. Unha vez ascendido a maxistrado, pasou a desempeñar praza no xulgado de instrución 3 de San Sebastián e, posteriormente, no xulgado de instrución 29 de Madrid.

Así mesmo, foi Letrado dos órganos técnicos do Consello Xeral do Poder Xudicial entre 1986 e 1988, onde ocupou a Xefatura da Sección de Cualificación e a xefatura do Servizo de Persoal Xudicial.

Desde maio de 1988, tras conseguir a especialización na xurisdición contencioso administrativa, é maxistrado especialista da Sala do Contencioso Administrativo do TSXG.

Por outra banda, o pleno do CGPJ tamén acordou designar como presidente da Audiencia Provincial da Coruña o maxistrado Ignacio Picatoste, que recibiu o apoio de 17 dos 21 membros do órgano.

Picatoste, que ingresou na carreira xudicial no ano 1990, sucede no cargo a José Luís Seoane Spiegelberg, que foi nomeado maxistrado da Sala Primeira do Tribunal Supremo.

O novo presidente da Audiencia coruñesa pasou ao longo da súa carreira polos xulgados de Lalín, Donostia-San Sebastián, Ferrol e A Coruña, antes de incorparse en 2005 como maxistrado á audiencia que agora encabezará.

O CPGJ destaca a súa "ampla experiencia gubernativa", primeiro como xuíz decano dos Xulgados de Lalín e desde 2004 como membro electo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Temas: XUSTIZA TSXG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta