Verín, capital da Batucada

O Desfile da Ludoteca Especial Batucada dá inicio a unhas festas na que a música brasileira é a protagonista.

Por Galicia Confidencial | Verín | 26/07/2019 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Verín convértese na capital musical de Brasil en Galicia por uns días. A Batucada 2019 comezará o próximo venres, ás 11:00 horas, co “Desfile da Ludoteca Especial Batucada” no que os cativos e as cativas lucirán os seus traxes polas rúas de Verín. Nesta ocasión a temática elixida son os super heroes e super heroínas.

O percorrido comezará no CEIP Amaro Refojo e irá por Laureano Peláez, Praza do Concello, Praza da Mercé, Rúa dá Cruz e Praza  García Barbón, para terminar coa tradicional “Festa Infantil da Ludoteca”, ás 12:00 horas, no CEIP Amaro Refojo.

Pola tarde, de 16:30 a 20:30 horas, é o turno da “Festa Acuática na Praia fluvial” para que os cativos, e os que non o son tanto disfruten xogando coa auga. Nesta ocasión contaremos con animación musical, inchables de terra e auga.

O Grupo Atenas pechará a xornada do venres cunha actuación na Praza García Barbón ás 23.45 horas.

Desfile infantil Batucada 2018 en Verín
Desfile infantil Batucada 2018 en Verín | Fonte: Concello de Verín

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta