A choiva desloce a gran manifestación dun BNG que se presenta como "a única garantía de cambio"

Miles de persoas participan na tradicional protesta do Bloque na capital galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2019 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

Miles de persoas saíron este xoves ás rúas compostelás, convocadas polo BNG, a pesar da persistente choiva que deslociu a gran manifestación nacionalista. Un BNG que quixo escenificar que é "a única garantía de cambio" para Galicia

Baixo a lema "Galiza. Un novo impulso", a manifestación do BNG polo Día da Patria Galega volveu a saír da Alameda compostelá como cada 25 de xullo, nesta ocasión a un ano das autonómicas se non hai adianto electoral, para reivindicar que "a alternativa fronte a todo o que está a pasar é o nacionalismo".

"Desde o BNG ofrecémoslle a todos os galegos un cambio real que deixe atrás a discriminación que estamos a ver que practican as forzas estatais con este país. Acabamos de velo no debate de investidura, onde as forzas estatais levaron a Galicia á irrelevancia política", aseverou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en declaracións aos medios. "Non estamos no debate e por tanto, nada podemos esperar do que pode vir de Madrid", agregou.

Cargos orgánicos e institucionais do Bloque secundan a marcha nun ambiente festivo amenizado por gaitas e tambores e presididos por unha gran 'estreleira' que foi despregada por varios simpatizantes.

Saída da Alameda compostelá da manifestación do BNG polo 25 de xullo
Saída da Alameda compostelá da manifestación do BNG polo 25 de xullo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferriño

Querida Ana.. na irrelevancia de Galiza o BNG non ten arte nen parte?