Esquerda Unida destaca "a loita da esquerda" por cambiar as políticas "de destrución do emprego do bipartidismo"

Celebra este 25 de Xullo cun acto en Mugardos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2019 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

A coordinadora nacional de Esquerda Unida (EU), Eva Solla, lembrou este xoves 25 de xullo, Día de Galicia, a "loita da esquerda" por "cambiar as políticas de recortes e de destrución de emprego do bipartidismo".

Así o manifestou no porto de Mugardos (A Coruña), municipio escollido por EU para celebrar o Día de Galicia, no que participou o seu secretario de Organización, Rubén Pérez, e a alcaldesa, Pilar Díaz.

Neste contexto, Eva Solla quixo lembrar ao ex rexedor de Mugardos Juan Prieto Balsa, "último alcalde republicano asasinado pola ditadura franquista", explica o partido. "Hoxe volvemos reivindicar, desde ese fío vermello de loita, a constitución dos primeiros concellos democráticos", explicou a coordinadora nacional de EU.

Solla sinalou que a "importancia de ter en conta ese fío vermello que leva de onte a hoxe transitando polos concellos republicanos". "Estas loitas son as que constrúen o país de esquerda que queremos para desaloxar á dereita", proclamou.

Pola súa banda, a alcaldesa de Mugardos, encargada de abrir o acto, celebrou que o municipio que dirixe "foi un deses concellos que tivo a sorte de ter unha candidatura, encabezada por 'Gelo', para ensinar o camiño da esquerda ante a escuridade".

Jorge Suárez, Eva Solla, Carlos Vázquez Portomeñe, líder de ACE, e Pilar Díaz, alcaldesa de Mugardos no acto de EU o 25 de xullo
Jorge Suárez, Eva Solla, Carlos Vázquez Portomeñe, líder de ACE, e Pilar Díaz, alcaldesa de Mugardos no acto de EU o 25 de xullo | Fonte: EU

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 bestarruza

O primeiro que fixo PIlar Díaz, condenada pola Xustiza por vulnerar o dereito de folga dunha delegada de CCOO, foi subir o seu soldo e tamén o da Concelleira de Cultura. Entre as dúas 55.000 eurazos ao ano. De Reganosa, non quere saber nada

1 non pode ser

Eva '7000 euros ao mes' Solla, hai que loitar contra todo iso que di, ainda que salarios como os da foto se cadra son algo excesivos. Por certo de Reganosa como pasastes ao silencio sepulcral agora