Son forzas independentistas o BNG e Anova?

Feijóo acusa ao BNG e a Anova de ser "independentistas" só o 25 de Xullo. "Se se declaran independentistas non sei porque logo lles molesta que se lles diga isto en sede parlamentaria", apunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/07/2019 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

Son formacións soberanistas ou independentistas o BNG e Anova?. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, teno claro. "Por suposto que son independentistas", asegurou este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. O que xa non entende o líder dos populares galegos é porque estas dúas formacións so defenden ser soberanistas o 25 de Xullo e logo ocultan este feito o resto do ano.

A bandeira coa estrela vermella nun partido da selección galega.
A bandeira coa estrela vermella nun partido da selección galega.

"Supoño que os galegos teñen que saber se son ou non independentistas", dixo Feijóo en alusión aos actos que este xoves, Día da Patria Galega, mantiveron tanto o Bloque como Anova e no que se escoitaron numerosas referencias a súa condición de forzas soberanistas. "O que non entendo é porque se declaran indpendentistas só o 25 de Xullo e logo ocultan este feito o resto do ano", ironizou o presidente galego.

"Para iso son máis consecuentes Bildu ou ERC que non teñen reparo algún en declararse abertamente independentistas", destacou Feijóo que criticou a "tibieza" de BNG e Anova en defender esa condición de forzas soberanistas. 

"Supoño que haberá militantes do BNG e Anova que non son independentistas pero as súas cúpulas si que o son", insistiu ao tempo que pediu a esas cúpulas que non oculten ao resto da sociedade galega e os seus propios militantes esa condición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

12 Sendo objetivos

Não são independentistas nem o BNG nem Anova. E as suas cúpulas ainda menos, que aí estão as suas atuações -autonomistas- e os seus estatutos de organizações. Pode haver algum independentista litúrgico nelas. Mas não sendo um verdadeiro ignorante político sabe perfeitamente que são organizações autonomistas. Só que Núñez Feijóo, trabalhando para os seus, os nacionalistas espanhóis, quer critá-las sem base objetiva. Por outro lado, agora que se aproximam as autonómicas, tanto o BNG como Anova, que não são outra coisa que "chiringuitos" para dar trabalho e dinheiro aos seus, tentam cínica e demagogicamente manter um imaginário soberanista ou independentista e umas falsas esperanças ideológicas para que votem alguns e algunas nelas.

11 Pitito

Si, claro, e?

10 Derradeiro

Son forzas independentistas o BNG e Anova? BNG: sí. ANOVA: non. É tan difícil respostar a algo tan simple?

1 Breijar

Ti és tan simple que o puxeches ao revés. Os do BNG son tan independentistas coma os seus amos espaÑois do PSdeG(E).

2 nostrus

No son independentistas, son separatistas, que no es lo mismo, ademas de renegados, desleales, egoistas y estan locos porque viven en un mundo imaginario, alejado de la realidad y con complejos de victimas y gran dosis de autoodio. Son antiprogresistas por mucho que se apropien del progreso.

3 Sentidiño

-Gandhi! -Separatista! -Arafat! -Separatista! -Mandela! -Supremacista! -Fidel! -Separatista supremacista! Etc., etc.

9 Esperantista

Por suposto, o BNG e Anova son independentistas, as alianzas e a submisión ao españolismo son anécdotas repetidas e consolidadas polas direccións. No PcE e Podemos son comunistas, non hai máis que ver os banquetes do Garzón, a mansión do Iglesias e os salarios da Colau e marido. E no PsoE son socialistas, por iso manteñen a reforma laboral, trincan dos eres e apostan pola Otan. En Ciudadanos, Vox e no PP son demócratas puros, pois non hai corrupción, acreditan na separación de poderes e permiten a libre vontade da xente votando no que lles incumbe con plena liberdade. Así as cousas, todos son de fiar!

8 StirlingBridge

Son independentista e voto BNG. Nunca tiven o máis mínimo problema dentro da organización declarándome soberanista (máis ben o contrario). Por certo, a UPG é independentista (véxase o seu cartaz diste 25 de xullo). Nas microsectiñas "gallegas" fora do BNG só hai madrillegos. Ogallá os outros colectivos independentistas galegos coma CausaGaliza, Processo Trevinca, etc camiñen cara un bloque unitario de esquerda soberanista e rematemos todos unidos baixo a estreleira. Ise é o camiño en Cataluña, Euskalherria e outras nacións sen estado.

1 nostrus

Pois na miña humilde opinion si eres independentista recoñezo que mereces o mesmo respeto e consideracion que si foses machista ou racista, habida conta de que todas esas patoloxias son variantes do fascismo, só se diferencain en a quen desprecian e a quen vulneran ou intentan vulnerar os direitos. ¿Acaso ser racista ou machista é ilegal? non mentras non pases a práctica. Ser falanxista tamen é igual de legal.

2 Kunkeiro

Explique que tem de malo ser independentista se se pretende lograr por cauces democráticos, estimad@ nostrus. Suponho que nom aplica para Agustina de Aragón e demais heroicos combatentes da Guerra de Independencia...

3 Alpinista

Nostrus, por suposto que ser franquista, falanxista e até fascista no Reino de España é legal. E moi ben visto! Por iso existe Falange, Vox e Ciudadanos como partidos de raíz supremacista española. A fundación Francisco Franco divulga ideais nacionalsocialistas e recebe cuantiosas subvencións públicas. E Carmen Martínez-Bordiú, neta maior do dictador sanguinario Francisco Franco, xa é duquesa de Franco desde hai cinco días, con documento asinado por Carmen Delgado (PsoE) e Felipe VI. Unha mágoa que ti nunca ataques o fascismo de verdade, o racismo e imposición do castelán, o machismo dominante, e a nación esencialista desesperada pola perda do vello imperio. Será que ti estás moi cómodo coa legalidade e privilexios do fascismo español? Nótase que coxeas daquela pata perversa e sinalas aos demais para despistar do teu mal fedor!

4 Caneda

Di o fanático: "Nas microsectiñas gallegas fora do BNG só hai madrillegos". Non sei moi ben o que son os "madrillegos", nunca estiven metido na igrexa blocalla e non entendo a súa xerga endogámica, o que si temos claro é que a quen lle gusta moito o cartiño "madrillego" é á cúpula do BNG, máis que nada, para poder vivir toda a vida sen dar pancada.

5 nostrus

Kunkeiro. Cauce democrático es el contar con la opinion de todos los que tenemos derecho a opinar, o sea con todos los que somos propietarios de la nacion española, pero el independentista que pretende contar solo con la opinion de los gallegos no es democratico. Por otra parte no querer convivir con el resto de españoles es tan excluyente como no querer convivir con una determinada raza o cultura. Explicame el motivo por el que te molesta formar parte de la misma nacion que los murcianos o extremeños si hay democracia y cada uno puede hacer con su vida lo que le de la gana.

6 Kunkeiro

Nostrus. Vostede será propietário/a da sua casa, se o é, e pare de contar. O território associado a um Estado nom é umha finca grande que repartimos entre todos, e moito menos se pode ser propietário dum conceito abstracto, como é o da naçom. Eu nom som partidário da independência per se, pero se numha determinada conjuntura um grupo de indivìduos com capacidade de ser um Estado autónomo deseja se-lo, quer por puro pragmatismo, quer por motivos emocionais, deve ser livre para faze-lo. Os motivos podem ser censuráveis desde diferentes pontos de vista, haverá que ve-lo em cada caso, pero o direito a autodeterminar-se é umha das condiçons básicas da liberdade política, e nega-lo atenta contra o precepto fundamental da democracia: a organizaçom social autónoma dum povo conforme aos critérios que escolha. Os motivos podem-se discutir, o direito deveria-se assumir para todos os casos, seja para Catalunya ou para Tabarnia.

7 Desfeita

StirlingBridge, o teu sectarismo (fóra do meu círculo só hai traidores) non dá moi boa imaxe do independentismo. Se eu fose o xefe do teu clube de ocio xuvenil, digo partido, desautorizaría arroutos como ese.