Son forzas independentistas o BNG e Anova?

Feijóo acusa ao BNG e a Anova de ser "independentistas" só o 25 de Xullo. "Se se declaran independentistas non sei porque logo lles molesta que se lles diga isto en sede parlamentaria", apunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/07/2019 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

Son formacións soberanistas ou independentistas o BNG e Anova?. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, teno claro. "Por suposto que son independentistas", asegurou este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. O que xa non entende o líder dos populares galegos é porque estas dúas formacións so defenden ser soberanistas o 25 de Xullo e logo ocultan este feito o resto do ano.

A bandeira coa estrela vermella nun partido da selección galega.
A bandeira coa estrela vermella nun partido da selección galega.

"Supoño que os galegos teñen que saber se son ou non independentistas", dixo Feijóo en alusión aos actos que este xoves, Día da Patria Galega, mantiveron tanto o Bloque como Anova e no que se escoitaron numerosas referencias a súa condición de forzas soberanistas. "O que non entendo é porque se declaran indpendentistas só o 25 de Xullo e logo ocultan este feito o resto do ano", ironizou o presidente galego.

"Para iso son máis consecuentes Bildu ou ERC que non teñen reparo algún en declararse abertamente independentistas", destacou Feijóo que criticou a "tibieza" de BNG e Anova en defender esa condición de forzas soberanistas. 

"Supoño que haberá militantes do BNG e Anova que non son independentistas pero as súas cúpulas si que o son", insistiu ao tempo que pediu a esas cúpulas que non oculten ao resto da sociedade galega e os seus propios militantes esa condición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

2 Hermelindo

O BNG é un partido independentista galego. Anova (e mareados varios) é unha peña de amigos independentistas do BNG e amiguiños dos madrillegos. Punto. Logo tamén hai outros pequenos grupos independentistas galegos (Causagaliza, etc). Ogalla se unisen todos os galegos nunha plataforma única e unida (tipo Allunderonebanner escocesa ou galesa) e fixeran ver o autonomismo suicida dos mareados e familia.

1 somosparvosouke

Pola irmandade. Ou somos un ou ningún

2 Gustavo

Home, o BNG será independentista dende que lle saiu competencia (Mareas e demáis) e tivo que acentuar ese carácter para diferenciarse. Iso sí, pacta co Psoe alí donde pode e sen rechistar. Punto (como di vostede)

3 Bernal Calvo Delaciga

Pensar que o BNG é independentista é como pensar que o PSOE é sociaista. O BNG sempre perseguíu calquera abrollo de independentismo no seu interior (PCLN, Primeira Liña, MpB, E. Irmandiño...), pero sobretodo, unha República independente remataría coa mamandurria da súa caste eterna de liberados: desde Pontón até Lobeira pasando por Pacu, Néstor e toda a coronelada.

1 Xosé Varela

Ao millor Alberto tería que lembrar cando él e mais eu, xunto con outros daquela novos fundamos o sindicato AFICA nos servizos Centrais da Xunta e non paraba de berrar, eso sí sempre en petit comité, (en púbico nunca se atreveu), que Galiza era una Nazón e o Estado Español tiña-nos abandonados…...O cual non lle impediu deixarse querer polo Sr. Becaria e demáis e aceptar cargitos no Estado que nos oprimia….e postularse de Presidente dunha Autonomía que, según él, por aquél tempo, non era mais que una pantomima para dominar Galiza….ay Albertiño! qué tempos de xuventude aqueles...Non sei por qué agora agochas aquél fundo sentimento nacional?

1 Varel

Un pouco patético o berro ese de "España tenos abandonados", non? Vaia sindicalistas tu... que país!!