En Marea reúnese con Greenpeace para propor accións contra o cambio climático onde "Galicia ten todo por facer"

Luís Villares reiterou a súa intención de levar ao Parlamento galego a "declaración de emerxencia climática" e "promover iniciativas políticas" que aposten polas enerxías renovables.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2019 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, e outros integrantes da dirección reuníronse coa tripulación do barco da organización Greenpeace, o Rainbow Warrior III, para comentar diversas propostas "alternativas e urxentes" contra a crise climática na que "Galicia ten todo por facer".

Así o informou a agrupación liderada por Villares este sábado nun comunicado, no que En Marea explicou que o obxectivo desta reunión en Vilagarcía de Arousa foi achegar á cidadanía a campaña 'En marcha polo clima', que pretende "denunciar as graves consecuencias" do cambio climático e conseguir a "participación activa" na transición enerxética.

Neste sentido, Luís Villares reiterou a súa intención de levar ao Parlamento galego a "declaración de emerxencia climática" e "promover iniciativas políticas" que aposten polas enerxías renovables. Ademais, a formación acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de "non desenvolver ata agora mapas de transición enerxética" por considerar que "non existe unha preocupación real por modificar as fontes de enerxía, o transporte público" ou por cambiar a forma na que se "abastece a industria".

De feito, o portavoz de En Marea asegurou que se debe "acabar coas fontes de enerxía baseadas nos combustibles fósiles", que son "os principais responsables" do cambio climático "a nivel de todo o planeta".

En Marea súmase á campaña contra o cambio climático 'En marcha polo clima'. EN MAREA
En Marea súmase á campaña contra o cambio climático 'En marcha polo clima'. EN MAREA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Bernal Calvo Delaciga

Cando se pensa "Non se pode dar máis pena", vai o villarismo, e supérao. A imaxe do Día da Patria con Villares tirado no chan rodeado dunha ducia escasa de palmeiros foi moi, peor que moi, simbólica.

1 xacobe

Facede o favor, deixadeo xa e marchade para a casa.