Un home perde a vida en Ribeira tras ser rescatado da auga na praia de Ladeira

Foi un particular o que minutos antes das 18:00 horas alertou ao 112 Galicia da existencia de dúas persoas en perigo na auga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2019 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

Un home perdeu a vida na tarde deste sábado despois de ser rescatado da auga na praia de Ladeira, situada na localidade coruñesa de Ribeira. Foi un particular o que minutos antes das 18:00 horas alertou ao 112 Galicia da existencia de dúas persoas en perigo na auga. Nese instante, outro particular informou de que os socorristas que se atopaban na praia conseguiran rescatar a unha das persoas para levala á area e reanimala.

Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) puxo a situación en coñecemento do persoal de Salvamento Marítimo e do servizo de Gardacostas de Galicia. Ademais, alertou dos sucedido ao 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago ao momento, así como aos axentes da Policía Nacional e Local.

Tamén foron informados os membros do GAEM de Ribeira e os voluntarios de Protección Civil da localidade. Segundo informou a Policía Nacional ao 112 Galicia, a outra persoa que se atopaba na auga conseguiu saír polos seus propios medios e non precisou asistencia sanitaria. Con todo e a pesar dos esforzos dos efectivos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.

Operativo de rescate tras afundirse un pesqueiro a 4,5 millas ao sur de Cabo Fisterra
Operativo de rescate tras afundirse un pesqueiro a 4,5 millas ao sur de Cabo Fisterra | Fonte: Gardacostas Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta