O mapa da hecatombe demográfica de Galicia: así avanzamos cara a desertización

Investigadores avisan de que o futuro do país pasa por atraer máis inmigrantes novos para evitar que comarcas enteiras do interior queden baleiras. De non reverterse a situación, Galicia podería perder máis de 200.000 habitantes na próxima década, quedando a niveis de hai un século.

Por Alberto Quian | Madrid | 29/07/2019 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

“Galicia camiña cara a unha desertización demográfica”. Así o constata unha nova achega de investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, na que se salienta que o futuro do país pasa por atraer máis inmigrantes novos para evitar que comarcas enteiras do interior sexan baleiradas e se convertan en vestixios humanos.

Vigo deserto
Vigo deserto | Fonte: © Miguel Núñez.

Durante o século XX, a poboación galega medrou moderada pero progresivamente, até a década de 1960, cando se produciu o primeiro “gran cambio demográfico”: en 1960, Galicia tiña 2.730.996 habitantes, 30.000 máis que agora; a partir desa década sucedéronse “episodios de estancamento, redución e leves recuperacións, que se tornaron xa nun descenso en todas as provincias a partir de 2011”, apuntan os autores do estudo.

Se se comparan os datos de evolución entre Galicia e o conxunto de España no último século, as diferenzas son notablemente significativas e alarmantes: o territorio galego perdeu practicamente a metade do seu peso poboacional no Estado. En 1900, había 2.073.638 habitantes en Galicia, os cales representaban o 11 % da poboación total de España (18.830.649 habitantes); en 2018, os residentes eran 2.700.970, tan só o 5,78 % do total no Estado (46.698.569).

As provincias de Ourense e Lugo teñen hoxe 255.678 habitantes menos que en 1900 

En 118 anos, a poboación galega só medrou en 627.332 persoas, un 30 %, mentres que no conxunto de España se disparou un 248% (oito veces máis).

Por provincias, os datos son moito máis alarmantes para Ourense e Lugo, onde hai menos habitantes hoxe que en 1900. A principios do século XX, a provincia luguesa tiña 476.357 residentes, hoxe tan só ten 331.232, o que se traduce nunha caída do 30 %. O caso de Ourense é semellante: en 1900 tiña unha poboación de 419.665 persoas e hoxe é de só 309.112, isto é, un descenso do 26 %. Sumando os datos de ambas as provincias, Lugo e Ourense perderon 255.678 habitantes desde 1900.

Estas caídas foron compensadas polo crecemento demográfico das provincias da Coruña e Pontevedra. A primeira pasou de 681.895 habitantes en 1900 a 1.119.091 en 2018 (+ 64 %), mentres que na segunda o aumento foi de 495.721 a 941.535 residentes (+ 90 %). Especialmente relevante é o caso pontevedrés, a provincia galega que máis medrou no último século; de feito, en 1900 só tiña 19.484 habitantes máis ca Lugo, hoxe a diferenza é de 610.303.

Con todo, A Coruña e Pontevedra instaláronse tamén na última década nunha tendencia negativa. A primeira perdeu desde 2011 uns 22.000 habitantes, mentres que na segunda a caída foi duns 13.000. Unha tendencia que empurra a Galicia a mínimos históricos de poboación, tendo hoxe as mesmas cifras de residentes en todo o territorio que en 1950, apenas 2.700.000 habitantes.

ANO

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

GALICIA

ESPAÑA

1900

681.895

476.357

419.665

495.721

2.073.638

18.830.649

1910

726.697

512.467

446.342

546.247

2.231.753

19.990.909

1920

772.363

517.918

466.398

585.866

2.342.545

22.012.663

1930

835.906

523.911

476.336

630.446

2.466.599

24.026.571

1940

912.662

545.128

494.966

685.801

2.638.557

26.386.854

1950

971.641

521.213

494.283

714.666

2.701.803

28.172.268

1960

1.035.619

491.955

488.241

715.181

2.730.996

30.776.935

1970

1.030.745

423.064

441.260

781.334

2.676.403

34.041.531

1981

1.093.122

405.377

430.175

883.268

2.811.942

37.683.363

1991

1.096.966

384.365

353.491

896.847

2.731.669

38.872.268

2001

1.096.027

357.648

338.446

903.759

2.695.880

40.847.371

2011

1.141.286

348.067

328.697

954.877

2.772.928

46.815.917

2018

1.119.091

331.232

309.112

941.535

2.700.970

46.698.569

Evolución da poboación a nivel provincial, do conxunto de Galicia e de España, 1900-2018. Fonte: Vázquez, J., Vega, X., (2019). El declive de la poboación en Galicia. Hacia el vacío demográfico?, The Overarching Issues of the European Space- a strategic (re)positioning of environmental and socio-economic problems?, Porto, Fac.Letras Univ. Porto. pp. 170-183 (DOI: 10.21747/9789898969149/decli).

CAUSAS

As causas para explicar este fenómeno son varias, pero converxentes: “Os continuos saldos migratorios negativos froito da emigración continuada (interrompida polas prohibicións ou dificultades nas saídas nalgúns períodos), que  incidiu nun envellecemento progresivo de Galicia (ao irse os  mozos) e unha redución acusada da natalidade (pola mesma razón e polas dificultades económicas dos que quedaron,  ademais do cambio social común a toda Europa e outras rexións do globo)”, describen os autores do estudo.

Se ben no período 2001-2011 houbo un leve aumento demográfico –tras unha situación de declive desde 1981, cando se acadaron máximos históricos con 2.811.942 habitantes–, este crecemento foi “protagonizado só polas provincias occidentais”, aínda que “con forza suficiente para contrarrestar a notable perda de efectivos que viñan arrastrando desde tempo atrás tanto Lugo como Ourense”, engaden os investigadores.

Recordan que naquela recuperación incidiu “un saldo migratorio positivo, xa que se logrou o asentamento dun maior número de foráneos que as perdas de galegos cara ao exterior (a emigración de mozos continuou durante este período intercensal) seguindo a dinámica de recepción de inmigrantes que viviu o conxunto do Estado”, aínda que no caso de Galicia, cunha “intensidade moito menor”.

A caída demográfica produciuse en 243 municipios, o que representa un 77 % do total 

Os autores do estudo identifican a crise económica iniciada en 2008 como a “base da nova caída continuada que vive Galicia”. “Cortados os fluxos de inmigración que se produciron no período precedente, o saldo vexetativo negativo cada vez máis intenso e a nova emigración de mozos cara ao exterior ante as negativas perspectivas vitais e laborais, a poboación entrou nunha senda de caída libre que por primeira vez inclúe tamén á provincia de Pontevedra, que durante todo o período considerado conseguira incrementar a súa poboación”, salientan.

Os expertos consideran que esta tendencia negativa “parece agora unha situación francamente difícil de reverter”, xa que “está a levar a moitas áreas de Galicia cara a unha progresiva desertización”.

A EVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA A ESCALA MUNICIPAL

A análise a escala municipal ofrece detalles moi interesantes e reveladores. Os datos para o período 1998-2017 mostran “perdas demográficas sumamente notables nunha gran parte do territorio galego”. En concreto, máis da metade dos concellos (164, o 52 %) perderon máis do 20 % da súa poboación. E deles, 54 municipios tiveron perdas superiores a un terzo (17 %), chegando a casos extremos como os de Dozón, San Xoán de Río, Chandrexa de Queixa, A Teixeira, Agolada, Muras, Navia de Suarna, Montederramo, Rodeiro, Beariz, Ribeira de Piquín ou Covelo, nos que a poboación caeu por enriba do 45 % nese período de 20 anos.

O mapa da hecatombe demográfica galega evidencia como a maior parte do territorio oriental –“en especial, as zonas de topografía máis accidentada”, detallan– é a máis afectada pola caída. Son os municipios de montaña de Lugo e Ourense, e aqueles limítrofes entre estas provincias e as atlánticas, pero tamén hai concellos noutras áreas cun descenso significativo e que se corresponden con “espazos con comunicacións deficientes”, como “na área centro occidental coruñesa, Ortegal, Costa da Morte”, indican os autores.

“Fóra destes espazos con perdas tan notables [...], a caída demográfica produciuse en 243 municipios (un 77 % do total), escapando a ela unicamente pequenas porcións do territorio”, subliñan.

OS QUE CRECEN

Os concellos que viron crecer a súa poboación desde 1998 son os menos. “Ocupan un territorio exiguo, cunha clara concentración nas áreas periurbanas das principais cidades de Galicia, onde se deron os incrementos máis notables, chegando a superar o 20 % en municipios periféricos ás sete cidades, nos que se viviron intensos procesos de desconcentración demográfica e económica desde a urbe inmediata”, aportan os investigadores.

Son tan só 25 municipios, o 8 % do total. Deles, o único que está fóra da órbita das cidades é Burela, na Mariña lucense, concello marcada por unha alta taxa de inmigración.

Algúns concellos tiveron “crecementos certamente espectaculares, destacando por enriba de todos Ames e Barbadás”, con crecementos do 117 % e 93 %, respectivamente. Outros que aumentaron máis dun 50 % a poboación ou que se achegan a esa porcentaxe son Culleredo, Oroso, San Cibrao das Viñas, Salceda de Caselas, Cambre, Arteixo, Sada ou Oleiros.

“Fóra desas áreas urbanas só aparecen con valores positivos algunhas vilas, boa parte da costa das Rías Baixas e algúns municipios da Mariña lucense”, clarifican os expertos.

Ferrol e Ourense son as únicas cidades que non conseguiron crecer; no lado oposto, Pontevedra e Lugo son as urbes que máis medraron demograficamente

Hai dúas cidades que non conseguiron crecer nese período de vinte anos. Trátase de Ferrol e Ourense. “A primeira, pola crise económica profunda na que está sumida desde hai xa tempo e, no caso da segunda, polo declive demográfico acusado da provincia que centraliza e os fortes procesos de desconcentración residencial que viviu cara aos municipios situados cara ao sur e leste da urbe, que favoreceron esta situación”, especifican os investigadores.

O resto de cidades, agás Pontevedra e Lugo, con “incrementos relativamente importantes”, vviron un “leve progreso demográfico, influídas tamén polos notables crecementos das súas periferias”, engaden.

Outros datos “reveladores de como o aumento demográfico se concentra en determinadas áreas das provincias da Coruña e Pontevedra” son que o 28,7 % e o 46,8% dos seus municipios, respectivamente, creceron durante ese período (27 e 29 concellos). Isto, fronte a tan só un 10,4 % dos municipios lucenses (7) e un 9,8 % dos ourensáns (9) nos que aumentaron os residentes.

“O crecemento prodúcese principalmente no eixo atlántico e en calquera caso é urbano (nun sentido amplo, de áreas urbanas) e/ou litoral. Por outra banda, todos os datos dispoñibles parecen indicar que o proceso de despoboamento é acumulativo: cada vez existe menos poboación e progresivamente pérdense máis efectivos demográficos. Canta menor poboación queda nun municipio, esta tende a despoboarse máis rapidamente. E iso incide tamén nun menor crecemento das áreas máis dinámicas que se restrinxen progresivamente”, argúen.

A ESTRUTURA POR IDADE

Desde 2002 ata a actualidade, “a situación dos diferentes grupos de idade variou de maneira notable”. Galicia viu como aumentou “significativamente” o seu índice de envellecemento, “pasando de pouco máis dunha quinta parte” da poboación, “a case un de cada catro efectivos”.

Con todo, os expertos destacan que “o grupo de mozos mantivo certa estabilidade, marcado por unha pequena recuperación do número de nacementos neste período, tal e como ocorreu no resto de España, aínda que a tendencia dos últimos datos existentes marca unha nova baixada da natalidade”.

Con esta tendencia, o grupo de adultos –entre mozos e vellos– viu caer a súa proporción na mesma medida que se incrementou o da poboación anciá.

“Isto supón unha certa novidade”, resaltan os investigadores, xa que “o grupo de adultos foi o que ao longo de todo o século XX se mantivo máis estable”, xa que ao mesmo tempo que “nutría o de vellos”, tamén “se reducía a proporción de mozos, aínda que con máis efectivos cada vez entre os 40 anos”.

O envellecemento foi “moi acusado en todo o territorio galego”, pero sobresae Ourense, con case un terzo da súa poboación por enriba dos 65 anos

Agora, este “forte envellecemento actual”, sumado á “marcha de parte dos efectivos novos dentro deste grupo cara á emigración”, fan que se estea “reducindo a súa proporción de maneira acusada e que isto repercuta fundamentalmente no de persoas máis maiores”, describen.

Por provincias, son Pontevedra e A Coruña –por esta orde– as que teñen unha maior proporción de persoas mozas (na primeira representan o 14 % da poboación e na Coruña, o 12 %), aínda que “se sitúan claramente por baixo da media estatal”. Estas son tamén “as provincias menos envellecidas, aínda que lonxe da media estatal”.

En conxunto, o envellecemento foi “moi acusado en todo o territorio galego”, aínda que sobresae o caso de Ourense, con case un terzo da súa poboación por enriba dos 65 anos.

A escala municipal, na distribución dos menores de 16 anos, o mapa debuxa 244 municipios (o 77%) por baixo da media galega do 12,76 % de persoas desa idade. Por baixo do 10 % sitúanse 188 municipios (o 60 %), abarcando a case totalidade de Lugo e Ourense (só escapan a esa cifra algunhas vilas, as capitais provinciais e algúns dos seus municipios periurbanos) e a gran maioría do territorio das provincias atlánticas, fuxindo desa dinámica unicamente o denominado Eixo Urbano Atlántico, ampliado a boa parte da costa ao sur de Ribeira e algunhas pequenas cidades como Lalín ou Melide.

“Este espazo [...] é o que concentrou tamén os crecementos demográficos e o asentamento dos inmigrantes, de maneira que se converte cada vez máis no baluarte demográfico de Galicia, sen indicadores de gran vitalidade, pero moito mellores que os do resto do territorio”, enxalzan os expertos.

Para exemplificar isto, sinalan que só en 18 municipios (6 % do total) –“todos das orlas  periurbanas das cidades”– os menores de 16 anos representan máis do 15 % da súa poboación.

“Os mozos escasean en todo o territorio, e os poucos que hai son maioritariamente urbanos e residen nas periferias das principais cidades”, aportan.

O 61 % dos municipios galegos ten un envellecemento superior ao 30 %

Sobre a proporción de maiores de 65 anos, a provincia de Ourense é a que ten os valores máis altos de municipios con envellecementos moi elevados, do mesmo xeito que Lugo, aínda que neste caso ten menos concellos nos valores máis extremos para esta franxa de idade.

192 municipios (61 %), teñen un envellecemento superior ao 30 %, porcentaxe que creceu significativamente desde 2004, cando eran 154 (49 %) os territorios municipais que superaban esa cifra. Entre eles están boa parte dos das provincias orientais (só escapan a esa cifra 14 municipios de Lugo e 12 de Ourense).

Este “extremado grao de envellecemento” afecta tamén as provincias occidentais, “especialmente na comarca de Ortegal e a parte oriental da ferrolá, o leste da de Betanzos, a Terra de Melide, a Terra de Soneira, Xallas, Barcala, Tabeirós-Terra de Montes, oriente de Pontevedra e A Paradanta”, enumeran.

A taxa de envellecemento é aínda “moito máis grave” –superando o 40 % do total demográfico municipal (78 municipios, o 25 % do total de Galicia)– en “áreas do norte de Lugo (Ourol, Muras ou Abadín) e do extremo montañoso oriental, un coruñés (Aranga) e outro pontevedrés (Forcarei), así como na Ulloa, o Val do Sil e boa parte das comarcas ourensás do Carballiño, Terra de Caldelas, Allariz-Maceda, Terra de Trives, Viana, Verín, A Limia, Baixa Limia, Terra de Celanova e Valdeorras, chegando nesta provincia a haber oito municipios que superan o 50 % da súa poboación por enriba da idade de xubilación: O Bolo, Calvos de Randín, Gomesende, O Irixo, Lobeira, San Xoán de Río, A Teixeira e Verea”.

Os municipios con menores taxas de persoas maiores son os mesmos que contaban coa maior proporción de mozos, é dicir, os das periferias das principais cidades do Eixo Atlántico e, en xeral, nos municipios urbanos e costeiros das Rías Baixas, así como nas principais vilas do país.

“Son estes espazos, moi limitados en extensión no global de Galicia, os que contan, como vimos reiterando, coas mellores perspectivas demográficas”, subliñan os investigadores.

IDADE

<16

16-64

65 e máis

ANO

2002

2017

2002

2017

2002

2017

Galicia

12,83

12,76

66,09

62,67

21,08

24,57

A Coruña

12,64

13,00

67,50

63,05

19,86

23,95

Lugo

11,08

10,61

61,47

60,66

27,45

28,73

Ourense

10,98

10,49

61,11

58,58

27,91

30,93

Pontevedra

14,45

13,98

68,07

64,30

17,49

21,73

España

15,60

16,03

67,39

65,01

17,01

18,96

Estrutura por grandes grupos de idade (%). 2002 e 2017. Fonte: Vázquez, J., Vega, X., (2019). El declive de la poboación en Galicia. Hacia el vacío demográfico?, The Overarching Issues of the European Space- a strategic (re)positioning of environmental and socio-economic problems?, Porto, Fac.Letras Univ. Porto. pp. 170-183 (DOI: 10.21747/9789898969149/decli).

PROXECCIÓNS DEMOGRÁFICAS

Cal será a evolución demográfica de Galicia nos próximos anos? As proxeccións do Instituto Galego de Estatística mostran que “as tendencias apuntadas de descenso demográfico se confirman, cunha caída que, para o conxunto de Galicia e ata o 2031, se achegaría a un 8 %, cunhas perdas de aproximadamente 211.000 habitantes, para contar cunha poboación inferior aos 2,5 millóns de efectivos nesa data”, estiman os autores do estudo. Isto colocaría a Galicia a niveis de hai un século.

“As perdas serían notables nas catro provincias, aínda que estas serían menores en Pontevedra e A Coruña (circunstancia lóxica dada a súa menor senectude e o comportamento non tan negativo do seu saldo natural) e francamente acusadas en Lugo e especialmente en Ourense, cun 10 % de descenso no primeiro caso e por enriba do 11 % no segundo, de maneira que ambas as provincias baixarían decididamente dos 300.000 habitantes”, especifican.

As proxeccións auguran que todas as comarcas de Galicia perderán poboación nos próximos anos, agás a de Santiago de Compostela

Por comarcas, e de aquí ao 2031, “a única excepción” sería a de Santiago; todas as demais “verán descender a súa poboación, algunhas de forma moi acusada, o cal viría agravar a situación de espazos xa francamente en declive”.

En concreto, sinalan as comarcas das serras orientais, do sur e centro ourensán, e as coruñesas de Ortegal, Muros e Terra de Soneira como as que “coñecerán descensos superiores ao 20 %”. No extremo oposto, ademais de Santiago con valores positivos, só apuntan as comarcas centralizadas polas cidades da Coruña e Pontevedra, ademais da Paradanta, como as zonas que terán “caídas demográficas pouco acusadas”.

“En todo caso, o panorama é francamente negativo e incidirá nun claro agravamento dos problemas de despoboamento e envellecemento de amplas áreas de Galicia”, afirman.

“O que marcará a evolución demográfica e das densidades é un mantemento das disparidades actuais, acentuándose aínda máis, cunha clara dualidade entre os espazos litorais (coa excepción do Ortegal e a Costa da Morte ao norte de Fisterra), urbanos (incluíndo as principais vilas) e periurbanos, con respecto ao resto do territorio en franco declive demográfico e cunha tendencia clara cara ao despoboamento, que se ve moi claramente na diminución das densidades demográficas, con áreas concretas que practicamente serán á altura de 2030 espazos semidespoboados”, conclúen os autores deste traballo.

ANO

2018

2031

EVOLUCIÓN

%

Galicia

2.700.970

2.489.946

-211.024

-7,81

A Coruña

1.119.091

1.038.034

-81.057

-7,24

Lugo

331.232

298.151

-33.081

-9,99

Ourense

309.112

275.094

-34.018

-11,01

Pontevedra

941.535

878.668

-62.867

-6,68

Proxección demográfica Galicia e provincias, 2031. Fonte: Vázquez, J., Vega, X., (2019). El declive de la poboación en Galicia. Hacia el vacío demográfico?, The Overarching Issues of the European Space- a strategic (re)positioning of environmental and socio-economic problems?, Porto, Fac.Letras Univ. Porto. pp. 170-183 (DOI: 10.21747/9789898969149/decli).

SOLUCIÓN? MÁIS INMIGRANTES

Galicia semella camiñar inexorablemente “cara a unha desertización demográfica”. Os expertos son pesimistas ao respecto. O motivo: a saída incesante de mozos do país, que agrava aínda máis o envellecemento da poboación.

“Calquera política demográfica que se queira poñer en práctica chocará de fronte co extremado envellecemento, dificilmente  reversible, aínda que se puidesen ‘inxectar’ efectivos novos na estrutura por idades. Algo que non parece factible, pois aínda que o saldo migratorio se manteña en valores próximos a cero ou positivos, a saída de persoas mozas está a ser moi importante e dificulta calquera indicio de recuperación”, argumentan os autores do estudo.

“A única saída parece a chegada de inmigrantes novos, dispostos a ter descendencia”

Ante este escenario, “a única saída parece a chegada de inmigrantes novos, dispostos a ter descendencia en Galicia”, apuntan. Pero non é tarefa doada nun territorio marcado pola diáspora e pouco atractivo para os inmigrantes desde o punto de vista laboral.  “Esta posibilidade é desde logo afastada, pois a maneira de atraelos sería cunha oferta laboral atractiva e estable, aspectos ambos que non se dan nin parece que se vaian dar nun futuro próximo”, advirten os investigadores.

Así as cousas, os autores prognostican un futuro a medio prazo no que “se manterá a dualidade entre unha Galicia urbana, vilega e costeira (coa excepción da comarca de Ortegal e do tramo coruñés entre Cee e Carballo), que se concentra en menos dun terzo do territorio, e unha Galicia oriental e do interior” que “terá cada vez unha poboación máis envellecida e en franco retroceso”. Dúas Galicias entre as que “a diferenza será cada vez máis acusada”.

Ante este desequilibrio, propoñen aplicar medidas diferentes en cada un deses ámbitos. No caso da “Galicia máis dinámica”, consideran “necesarias políticas integradas nas áreas urbanas, superando as lóxicas municipais, con dotacións de servizos e equipamentos de carácter supramunicipal, buscando lóxicas sustentables de organización territorial, económica, de mobilidade, entre outras”.

Na “Galicia máis  regresiva, cun despoboamento que crece de maneira rápida e acusada”, ven necesarias “fórmulas de cooperación intermunicipal para facer viables os municipios, cada vez con menor dinamismo e recursos decrecentes para facer fronte a necesidades maiores no ámbito asistencial”.

O estudo, titulado ‘El declive de la poboación en Galicia. ¿hacia el vacío demográfico?’, está asinado polos profesores José Antonio Aldrey Vázquez, do  Grupo de Investigación de Análise Territorial da Universidade de Santiago de Compostela, e Xosé Constenla Vega, do Departamento de Didácticas Especiais da Universidade de Vigo.

DEMOTANASIA

Esta investigación está na mesma liña que outros traballos publicados previamente por outros autores.

No estudo ‘Regional Inequality in Spain: 1860-2015’ –asinado por profesores do Departamento de Análise Económica da Universitat de València e publicado en formato libro por Palgrave Studies in Economic History, coa edición do profesor Kent Deng, da London School of Economics– evidénciase como Galicia pasou en século e medio de ser a terceira rexión máis poboada en España, cun 11,5 % da poboación total do Estado en 1860 –só por detrás de Andalucía, que tiña o 19 %, e Castela e León, co 13,3 %–, a ser a quinta comunidade autónoma por número de habitantes e apenas representar actualmente o 5,78 % do total estatal.

Neste tempo, Galicia foi a segunda comunidade que máis caeu no peso porcentual da súa poboación no total de España. Unha caída de 5,6 puntos, practidamente a metade. Só Castela e León protagonizou unha hecatombe demográfica maior, pasando do 13,3 por cento en 1860 a tan só o 5,3 en 2015.

O suicidio demográfico de Galicia tamén foi analizado e descrito recentemente por Alberto José Pazo Labrador, catedrático na Área de Análise Xeográfica Rexional do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo, e a profesora Maria Pilar Moragón Arias, da Área de Didáctica das Ciencias Sociais da mesma universidade. No seu traballo, titulado 'El despoblamiento en Galicia: la visualización de la «catástrofe»', alertan de que o país sofre de “demotanasia”, isto é, o proceso polo que debido a accións políticas ou omisión das mesmas se provoca a desaparición da poboación dun territorio.

A súa descrición da situación, en base á análise de datos a escala parroquial, é dramática, usando termos tan crus como “catástrofe demográfica”, “desastre demográfico”, “extinción” ou “etnocidio” de “consecuencias imprevisibles".

A escala comarcal, Mª Carmen Guisán Seijas, catedrática no Departamento de Economía Cuantitativa da Universidade de Santiago de Compostela, evidenciou que entre os anos 2011 e 2017, unicamente tres comarcas aumentaron a súa poboación –A Coruña, Santiago e Pontevedra–, mentres que as outras 50 perderon habitantes, e tan só 11 rexistraron algún incremento do emprego.

No seu traballo 'Población, empleo y migración en las comarcas de galicia: 2011-2017 y perspectivas', a catedrática analizou os movementos de emigración interior e exterior en Galicia e, mediante un modelo econométrico, comprobou o impacto positivo e significativo do emprego sobre o incremento de poboación, estimado con datos das 53 comarcas galegas. É por isto que recomenda incrementar a converxencia do desenvolvemento industrial cara aos niveis de rexións europeas máis avanzadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

4 Mohicano

Os xenocidas españois queren traer mais hispanoparlantes para aniquilarnos de vez.

3 Galego Indignado

Estou ata os collóns do "Galiza necesita inmigrantes". NON. Galiza necesita POLITICAS PRONATALIDADE e de CREACION DE CONDICIONS XUSTAS ECONOMICAS PARA INCENTIVAR TER FILLOS. Galiza sen galegos non é nada. Traer inmigrantes NON SOLUCIONA NADA. Os politicos da Xunta son CULPABEIS E TRAIDORES por permitir este SUICIDIO DEMOGRAFICO. Para eles somos simples votos artificiais que poden cambiar por calquera que chegue aquí. Que non vos enganen. Pido disculpas se dixen algo soez, pero carallo, un xa está farto de oír sempre o mesmo, da pasividade e de que o noso pobo esté esmorecendo

1 Nas Antípodas

Discurso de tintes supremacistas e xenófobos. Algúns estades no "Galicia primeiro para os galegos" igual que os fachas de Vox defenden unha "España para os españois". Que malas persoas sodes os nacionalistas, dá igual de que bandeira e de que inventada fronteira para crear muros aos seres humanos,.

2 Galego Indignado

Nas Antipodas Xa ves amigo, ti en cambio eres un progre con CI de -320 que ainda cre na patraña do "mundo sen fronteiras". Son un supremacista por querer que o pobo galego sobreviva? Son un supremacista por non querer que Galiza se convirta nun ghetto como xa está que pasar con outras zonas de España ou Europa? Vai a Barcelona a disfrutar dos enriquecedores Menas, ou a Francia a algún dos centos de barrios cheos de mouros, xa verás que ben lles caes, igual ata te levas un navallazo ou unha violación de recordo.

3 Gamela

¿Non podes ter fillos cunha muller inmigrante? Serían galegos coma tí e igual amarían máis esta terra de acollida que moitos galegos de nación que en canto poden marchan vivir a Madrid... ? https://i.gal/gamela13 A vida dá moitas voltas...

4 galiza para os galegos

Estou totalmente do teu lado pretenden exterminar os galegos e sustituilos por xente tipo venezuelas, sen nada na sangue e nugalleiros que queren que lles dean seguridade social, casa paga, e todo o demais pagos e os transportes que o fagan gratis as ambulancias da cruz vermella... pretenden sustituir galegos por panchitos e chavitos ... pretenden destruir o país... poñamos nomes de sociatas, de esquerdallos de todo tipo e pepeiros expañolentos... e o están conseguindo... cada bandeira española nun balcón e un-ha puñalada polas costas a patria galega. GALIZA POLA SUA LIBERDADE E GRANDEZA!!!-

5 Nas Antípodas

Queda claro que ao final os nacionalistas 'galegos' non vos diferenciades dos nacionalistas españois de Vox, dos británicos do Ukip, dos franceses que votan a Le Pen ou dos que apoian a Viktor Orbán en Hungría, todos fachas. Grazas por recoñecelo, racistas e xenófobos sen cerebro. Con vós sae o peor do ser humano.

6 Galego Indignado

Nas Antípodas Típico argumento giliprogre, chamar facha, racista e xenófobo cando non sabes que mais dicir, tamen che digo que sudame bastante o que me chames. En calquer caso, sabes quenes lle votan á Le Pen en Francia? Votanlle as clases populares que están fartos dos efectos da inmigracion nos seus barrios en nome do multiculturalismo que os imbeciles coma ti propugnan. E Galiza vai nesa dirección, nuns anos as nosas cidades estarán cheas de ghettos multiculturais e os nativos seremos cada vez menos. Quen nos dera unha Le Pen galega, e non os traidores políticos de hoxe en día

7 Sentidiño

Eu son primeiro indignada e logo galega (e antes, persoa). Non luxes o galeguismo coas túas ideas xenófobas. Se algo caracteriza o noso movemento de liberación, é que nel os neonazis nunca pintaron nada. En Madrid ou Segovia nom poden dicir o mesmo.

8 Galego Indignado

Sentidiño Das mostra da tua ignorancia pois Le Pen é NACIONALISTA FRANCESA non neonazi, se ata mostrou apoio ao estado de Israel. Por outra parte, aos galeguistas históricos non lles faria moita graza que o pobo galego fora sustituido étnica e culturalmente por outros pobos. Se defendes que calquera é galego entón o propio pobo galego como concepto desaparece. Canto dano vos fixo o marxismo upegallo

2 perdimos xa un millon

non se enteran... siguen sen enterarse de nada, o declive demográfico non e cosa de maña ou de pasadomaña... xa e un feito e un-ha realidade hoxe comparen o nivel de población de expaña relacionado coa Galiza e verán que xa perdimos porcentualmente 1.000.000 de habitantes relacionados coa criminal, ladroa e asasina expaña... expaña nos esta facendo luz de gas... miren en 1970 e agora miren a poboación de Galiza e de expaña... entenden o que están pasando estamos en un-ha e outra data na mesma poboación pero miren a de expaña aumento

1 Gamela

se puxeramos mans á obra, Galicia podería acoller a máis dun millón de xente nova que salvaría o noso futuro e o deles... https://i.gal/gamela13