Rosa Cedrón, "Morris" e a Coral de Ruada, premios Rebulir da Cultura Galega

Supón un recoñecemento a persoas ou colectivos que contribúen á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións.

Por Galicia Confidencial | | 29/07/2019 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

A compositora Rosa Cedrón, o actor Antonio Durán "Morris" e a Coral de Ruada acaban de recibir os Premios Rebulir da Cultura Galega na súa edición 2019 tras a decisión que deu a coñecer o seu xurado reunido este luns en Ourense.

Morris, no filme 'Dhogs', do director e guionista lucense Andrés Goteira. Morris, no filme 'Dhogs', do director e guionista lucense Andrés Goteira.
Morris, no filme 'Dhogs', do director e guionista lucense Andrés Goteira. Morris, no filme 'Dhogs', do director e guionista lucense Andrés Goteira.

Deste xeito, Rosa Cedrón foi premiada na categoría de Música Galega pola súa traxectoria profesional no eido da música galega. "Morris" resultou premiado na categoría de Artes Escénicas e Patrimonio, pola súa contribución a difusión da cultura galega desde o teatro e o audiovisual e a Coral de Ruada leva o premio Homenaxe no seu centenario, por poñer en valor a cultura galega sendo modelo e exemplo para moitas formacións.    

A  entrega dos premios terá lugar o 21 de Decembro de 2019 no marco da Gala central do Festival Internacional Rebulir, que se celebrará no Complexo de O Picouto do Concello de Ramirás. 

Os Premio Rebulir de Cultura Galega, nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz.  

A cantante galega e intérprete de violoncelo Rosa Cedrón.. XUNTA
A cantante galega e intérprete de violoncelo Rosa Cedrón.. XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta