Temas: SANIDADE

As prazas de formación de sanitarios especializados en Galicia aumentarán un 13,1% en 2020, ata 457

A Xunta reclama a Sanidade medidas "urxentes ou excepcionais" ante o déficit de profesionais en categorías como médico de familia e pediatra.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/07/2019 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Salud (SNS) acordou este luns aumentar nun 13,5 por cento a oferta de prazas de formación sanitaria especializada para a próxima convocatoria, que se celebrará a principios de 2020, ata as 9.539 prazas (1.137 máis que no ano anterior). En Galicia, o aumento será do 13,1 por cento, ata as 457.ç

Sanitarios
Sanitarios | Fonte: Europa Press.

Do total das citadas prazas, 7.512 serán para novos médicos residentes (MIR), 715 máis que en 2019, o que representa un incremento do 10,5 por cento. En liña co plan realizado desde o Ministerio para potenciar a Atención Primaria, a especialidade médica con maior oferta será Medicina Familiar e Comunitaria (2.205 prazas, un 15% máis), seguida por Pediatría (481),  Anestesioloxa e Reanimación (382), Medicina Interna (353), Obstetricia e  Xinecoloxía (269), Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo (210) e Cardioloxía (179).

En Enfermería, o número de prazas ascende a 1.463, un 34 por cento máis que as 1.092 da convocatoria anterior. Por especialidades, na cabeza sitúase igualmente Familiar e Comunitaria (521, fronte ás 339 do ano pasado, o que supón un 53% máis). Por detrás, atópanse  Obsétrico-Xinecoloxía (401) e Pediatría (188). En canto ao resto de titulacións, hai 51 prazas para biólogos, 271 para farmacéuticos, 189 para psicólogos, 15 para químicos e 38 para físicos.

Todas as comunidades autónomas incrementaron a súa oferta, con Baleares (39,5%, 219 prazas), Navarra (31,5%, 192), Estremadura (27,7%, 249), Castela e León (26,9%, 576) e Aragón (22,1%, 315) á cabeza en novas prazas. Andalucía contará con 1.478 (+9,4%), Canarias con 386 (+19,1%), Cantabria 140 (+15,7%), Castela-A Mancha 412 (+9%), Cataluña 1.433 (+9,6%), Galicia 457 (+13,1%), Murcia 333 (+15,6%), A Rioxa 55 (+10%), País Vasco 453 (+1,6%), Asturias 232 (+16,6%), Madrid 1.638 (+8,7%) e Valencia 935 (+19,6%). Por último, o Hospital Central da Defensa terá 16, o INGESA 18 e o Instituto de Saúde Carlos III 2.

En canto ao número de novas unidades docentes, desde decembro do 2018 ata xullo de 2019 acreditáronse 1.508 novas prazas, o que supón un 15,7 por cento máis que en 2018/2019. Estremadura (39,2%), Baleares (38,4%), Navarra (24,9%), Cantabria (20,6%) e Andalucía (19,2%) son as autonomías que máis incrementaron as súas cifras. Nas especialidades de Enfermería é onde se produciu o maior incremento. É o caso de Xeriátrica (195,8%), Traballo (100%), Familiar e Comunitaria (69,1%) e Pediátrica (43,5%). Outras das ofertas que crecen sensiblemente son Psicoloxía Clínica (30,1%) e Xeriatría (25%).

A Comisión de Recursos Humanos tamén aprobou a modificación dos exames de formación sanitaria especializada, que agora terán menos preguntas e contarán con menos tempo. En concreto, este ano a proba estenderase catro horas, en lugar de cinco, e contestaranse 175 preguntas máis 10 de reserva, en lugar das 225 máis 10 de reserva de anos anteriores.

Temas: SANIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta