Cancelados 24 trens en Galicia pola folga

CGT ve "abusivos" os servizos mínimos decretados e estuda demandar a Renfe por vulneración do dereito de folga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2019 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A folga convocada o vindeiro mércores en todo o Estado nos servizos de Renfe polo sindicato Confederación General del Trabajo (CGT) causou a cancelación de 24 trens —seis de longa distancia e 18 de media distancia— que transcorren por Galicia, entre eles, a conexión nocturna en tren-hotel con Madrid.

Tren.
Tren.

A CGT cualifica de "abusivos" os servizos mínimos decretados e avanza que estuda a posibilidade de presentar unha demanda contra Renfe por vulneración do dereito de folga.

A folga desenvolverase en dúas quendas —de 12,00 a 16,00 horas e de 20,00 a 24,00 horas— o mércores 31 de xullo, coincidindo coa saída e chegada das vacacións de verán.

Entre as liñas que foron canceladas figura a conexión en tren-hotel entre Galicia e Madrid, ademais da liña que une Vigo e a cidade portuguesa do Porto.

Así mesmo, Renfe decretou a suspensión dunha decena de liñas do Eixo Atlántico (entre A Coruña e Vigo) ao longo do 31 de xullo. Tampouco estarán en funcionamento as conexións entre Ferrol e A Coruña e Lugo e Ourense previstas para o mediodía do mércores.

Ademais, a folga tamén afectará a dous servizo do xoves 1 de agosto, en concreto, o tren Monforte-Pontevedra programado para as 06,15 horas e o A Coruña-Ferrol das 08,57 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta