Sabes canto lle custa anualmente a unha empresa galega ter un traballador?

A cantidade é inferior ao da media estatal en todos os sectores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2019 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

O custo laboral medio en Galicia é inferior ao do conxunto estatal en todos os sectores, aínda que en 2018 a construción continúa como o que mostra unha menor diferenza, segundo datos que publica este martes o Instituto Galego de Estatística (IGE).

En concreto, en total, o custo por traballador galego, en termos brutos, foi de 27.990 euros durante 2018, un 1,5% máis que no ano anterior. No conxunto estatal, o custo laboral bruto incrementouse un 1,1% en 2017.

O custo laboral neto foi de 27.803 euros por traballador en Galicia en 2018, unha vez deducidos 187 euros en conceptos de subvencións e deducións recibidas das administracións públicas para fomentar o emprego e a formación profesional.

En 2018, o custo laboral medio por traballador na comunidade galega representou o 90% da media estatal. O 73% do custo total galego destinouse a salarios (20.469 euros por traballador) e o 24% a cotizacións obrigatorias á Seguridade Social (6.723 euros por traballador).

Do resto de partidas que compoñen o custo, 400 euros anuais por traballador destináronse a beneficios sociais, 106 corresponderon a indemnizacións por despedimento, 72 euros a formación profesional e 219 a gastos derivados do traballo (transporte ata o lugar de traballo, indemnizacións por fin de contrato, pequenas ferramentas e roupa de traballo...)

Carpinteiro
Carpinteiro | Fonte: MINISTERIO DE EMPREGO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta