Buscan a un menor de 16 anos desaparecido desde o sábado en Ourense

O rapaz non se presentou ao centro de menores no que estaba interno.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2019 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

A Policía Nacional busca a Isaac Rodríguez Nogueira, un menor de 16 anos que permanece en paradoiro descoñecido desde o sábado, cando tiña que regresar ao centro de menores no que estaba interno, en Ourense.

Segundo informaron fontes da Policía Nacional a Europa Press, non se trata dun caso de desaparición, senón dunha ausencia voluntaria por parte do menor que, inciden, xa ocorrera en anteriores ocasións.

No entanto, a Asociación SOS Desaparecidos activou a alerta a través da súa conta de Twitter, na que publicou unha foto e descríbeo como un mozo de complexión normal, con 1,72 metros de estatura, 57 quilos de peso, pelo castaño e ollos negros.

Cartel de SOS Desaparecidos pola búsquerda de Isaac Rodríguez Nogueira, un menor de 16 anos que non regresou ao centro de menores no que permanecía interno en Ourense.. SOS DESAPARECIDOS
Cartel de SOS Desaparecidos pola búsquerda de Isaac Rodríguez Nogueira, un menor de 16 anos que non regresou ao centro de menores no que permanecía interno en Ourense.. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta