Avión homenaxea de novo á emigración coa súa XV Festa Mexicana

A programación contará coas actuacións dos mariachis Leonardo Flores e Acapulco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2019 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

O Concello ourensán de Avión celebra a XV edición da súa tradicional Festa Mexicana o vindeiro venres día 9 de agosto. Unha festividade que xurdiu como homenaxe a todos os emigrantes e dun modo especial a México, principal país receptor de veciños de Avión.

"A simbiose indisoluble entre México e Avión queda patente nesta festa de carácter único e idiosincrático", explicou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, durante a presentación da cita de carácter lúdico festivo. 

Presentación da edición de 2019 da Festa Mexicana de Avión (Ourense)
Presentación da edición de 2019 da Festa Mexicana de Avión (Ourense) | Fonte: Europa Press

O alcalde de Avión, Antonio Montero, subliñou como novidade principal desta edición "a ampliación do espazo da praza no que se celebra a festa". O evento contará, como é habitual, coa presenza de catro dos mellores restaurantes mexicanos de Galicia: Chilam-Balam, de Vigo; Mesón Mexicano, de Pontecaldelas; Recuncho Azteca, do Carballiño e O Mexicano Taco Bar, da Coruña.

Segundo explicou o rexedor, "Avión pasa dos seus 1.800 habitantes a alcanzar a cifra de 5.000 ou 6.000 nos meses de xuño, xullo e agosto, maioritariamente provenientes de México".

QUINCE ANOS

Pola súa banda, a responsable de Cultura e coordinadora da festa, Isabel Gavián, destacou dentro a programación as actuacións dos mariachis Leonardo Flores e Acapulco. Ademais, fixo unha chiscadela ás tradicionais festas para celebrar os quince anos en México, ao entender que "a festa mexicana xa se fixo muller, ao cumprir o seu décimo quinta edición".

Gavián tamén subliñou que o cartel deseñado para a celebración representa un tipo de boneca confeccionada polos indíxenas mexicanos, chamada 'María', do Estado de Querétaro, "que estará presente en forma de piñata nesta festa que ten como obxectivo traer cada ano un pedazo de México a Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta