Por X.M. Fernández | Allariz | 31/07/2019 | Actualizada ás 11:00
A área de promoción económica do Concello de Allariz organiza cada ano o Mercado de Artesanía “Arte de Man” coincidindo co segundo domingo de setembro. O evento ten como obxectivo a promoción, demostración e venda da artesanía local así como doutros/as artesáns/ás galegos/as e convidado/as.
O casco histórico de Allariz converterase o vindeiro 8 de setembro, en horario de 11:00 a 20:00 h., nun mercado de artesáns/as da cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, vidrería, coiro, madeira... no que os visitantes poderán gozar de varios obradoiros e demostracións ao vivo.
Para poder participar neste evento como artesán a organización publicou estes días as bases de participación e abriu o prazo de inscrición podendo facelo a través da páxina www.allariz.gal/artedeman
As técnicas de promoción económica xunto con artesáns/ás de Allariz serán os/as encargados/as de seleccionar aos/ás participantes segundo a calidade e singularidade do produto, a diversidade da oferta e oficios e dando prioridade ás propostas que ofrezan á mostra do oficio en vivo durante a feira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.