Eleccións en novembro?

En pleno verán, no tempo de lecer e de deixar por uns días a rutina diaria do traballo, unha imensa maioría de cidadáns miran de reollo ó que aconteza no referido á fomación do goberno. Os novos líderes andan enfarelados nun cruce de acusacións que levan a acción politica cara un camiño de provisionalidade e incerteza.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 31/07/2019

Comparte esta noticia
Aínda que todo camiña cara o fortalecemento do  bipartidismo, as fozas que chegaron para rexenerar a vida política,  de maneira moi lenta, van  perdendo espazo coas súas decisións contovertidas. E o certo é que, de non mudar as súas estratexias, mermarán e ate disolverse   como se fosen un terron de sucre  nun vaso de auga.  Por iso, o feito de que poidan repetirse as eleccións de novo, pesa sobre as súas executivas e iso pode que faga que algúns opten por mudar as súas posicións e o voto nunha nova sesión de investidura  que está por ver si chegará.
 
Cada quen pode velo como lle pareza, pero o certo é que intúese moi pouca rodadura, sinxeleza e sentido de Estado dos novos xefes partidarios. O rexeitamento, por segunda vez,  do presidente en funcións   marcou un fito que entendo só ten dúas saídas. A primeira é que os de Pablo Iglesias voten a favor  sen entrar no goberno, xogando posteriormente un papel importante para a aprobación de leis e proxectos do executivo, pois deben saber que os seus votos son precisos, pero non chegan pra acadar a maioría absoluta. É de non ser así, so queda   a  segunda opción  que é a da  abstención dalgún grupo da dereita, cuestión que parece imposibel. 
 
Iste é o panorama que se vislumbra. A nova esquerda sempre tan ideoloxizada e engreída polo afan de chegar ó ceo;  de ser a garda das esencias da política teórica do progresismo e a xustiza social, está a piques de cometer un erro colosal. Esa nova esquerda parece non entender que os seus votos non chegan para aprobar unhas  leis importantes; e que o goberno  precisa do voto doutras forzas parlamentarias para sacar adiante  as contas do Estado, por exemplo. 
 
Pero ademais do dito, despois do que leva chovido, percíbese que, entre todos istes novos líderes, existe un grao moi alto de desconfianza e incluso de certa xenreira. Pois cando chegou a denomidada esquerda dixéronse moitas cousas que son indicativas da falla de expreriencia e saber estar, todas   adobadas cun certo grao de mesianismo  egocéntrico. Supoño que, para moitos, aínda resoa aquelo de: non nos representan; hai que asaltar o ceo; o da cal viva, e outras lidezas que non son máis ca imprudencias destes dirixentes universitarios e moi teóricos, pero moi  pouco experimentados.
 
E así andamos, pois   mentres pola  dereita os pactos flúen sen facerlle asco ós neofranquistas,  pola banda da chamada esquerda parece que as  leas  son a causa do desacordo; e iso  cansa e moito  á xente que  votou por esas opcións. 
 
En fin, esperemos acontecementos, pero se a ausencia de sentidiño  impera,   en novenbro voltaremos de novo a votar. E logo, ó ver o resultado, volverán escoitarse os laios e desafectos dunha maioría social que mira para uns dirixentes pouco maduros e con moito ego, pero con escaso sentido  de entendemento e  colaboración pra traballar polo común. 
 

Declaración institucional de Pedro Sánchez para comunicar a data das próxim. Óscar do Pozo - Europa Press
Declaración institucional de Pedro Sánchez para comunicar a data das próxim. Óscar do Pozo - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com