Arde un alpendre en Forcarei que albergaba no seu interior un depósito de combustible e herba seca

As chamas calcinaron por completo o alpendre pero non afectaron á vivenda lindeira, e ningunha persoa resultou ferida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2019 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia sufocaron un incendio declarado nun alpendre anexo a unha vivenda de Forcarei (Pontevedra) que albergaba na súa interior herba seca e un depósito de combustible que terminou explotando debido ás chamas.

O incidente, que se produciu no mediodía deste martes, saldouse sen que ningunha persoa resultase ferida, segundo informa o CIAE 112 Galicia. O lume declarouse pasados uns minutos das 14,15 horas e os servizos de emerxencia non lograron sufocar as chamas ata catro horas despois. Ao fío das 18,10 horas, os bombeiros desprazados ao lugar deron por sufocado o incendio.

As chamas calcinaron por completo o alpendre pero non afectaron á vivenda lindeira.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta