A Deputación da Coruña achega 800.000 euros para manter abertas 55 oficinas turísticas no verán

Os concellos --todos eles de menos de 50.000 habitantes-- teñen a obrigación de ter a oficina aberta "como mínimo catro meses", informa a institución.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2019 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña destina un total de 800.000 euros a manter abertas durante o verán unhas 55 oficinas de atención turística noutros tantos concellos da provincia, das cales practicamente todas están xa operativas.

Segundo informa a institución, "maior profesionalización e mellora da calidade son os principais obxectivos" da liña de axudas da área de Turismo do goberno provincial.

"A liña supón unha incuestionable mellora na calidade turística e da imaxe da oferta dos concellos, ademais da creación de emprego de calidade para o sector", sinala o vicepresidente da Deputación e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira.

En concreto, dos 800.000 euros da convocatoria de 2019, os concellos recibiron entre o mínimo de 4.160 euros e o máximo de 20.000. O baremo tivo en conta o número de prazas de aloxamento do municipio, a capacidade de cobertura de demanda turística e a planificación a longo prazo.

Ademais, insiste a Deputación, os concellos --todos eles de menos de 50.000 habitantes-- teñen a obrigación de ter a oficina aberta "como mínimo catro meses".

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta