A Asociación de Profesores de Música denuncia irregularidades nas oposicións de linguaxe musical

A asociación reclama en nome dun grupo de opositores a "impugnación e paralización" dun proceso "nada transparente" e "repleto de irregularidades desde o seu inicio".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2019 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

A Asociación de Profesores de Música e Artes Escénicas de Galicia denunciou ante a Consellería de Educación unha serie de "irregularidades" supostamente rexistradas no proceso selectivo de oposicións ao corpo de profesores da especialidade de Linguaxe Musical, realizadas no Conservatorio de Vigo.

Así, nun comunicado difundido este martes, a asociación reclama en nome dun grupo de opositores a "impugnación e paralización" dun proceso "nada transparente" e "repleto de irregularidades desde o seu inicio". Deste xeito, existe xa unha reclamación previa ao comezo das probas despois de que, segundo defende este colectivo, se constatasen "irregularidades e amiguismo" no proceso.

Neste sentido, cualifican de "rechamante" que "ningún" interino superase a parte práctica dos exames "e que con todo, todos os seleccionados formen parte dun mesmo colectivo musical, ao que tamén pertencería un dos vogais do tribunal".

"Falamos de probas improcedentes, criterios arbitrarios e defectos formais", sinalan os reclamantes, que piden "un proceso xusto que se rexa polos principios de mérito, igualdade e capacidade".

Estudantes en exames de oposicións. XUNTA
Estudantes en exames de oposicións. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Martin

Y ante las sospechas de falta de transparencia, se retiran todos los documentos con los criterios de actuación y evaluación de la página de consultas públicas de la oposición. Los últimos en acabar y los primeros en limpiar... Aunque es normal, con tanta rectificación tendrían el servidor lleno...