Álvarez de Toledo admite que Feijóo, a quen di coñecer "bastante pouco", non a felicitou aínda

Asegura que quere facer unha oposición "indómita" e "leal" aos votantes do PP e aos españois, pero non "histérica".

Por E.P. | | 31/07/2019 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A portavoz do Grupo Popular no Congreso, Cayetana Álvarez de Toledo, desvelou este mércores que non a felicitaron ata agora o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o presidente do PP vasco, Alfonso Alonso, e o presidente andaluz, Juanma Moreno, pero recalcou que se sente "profundamente arroupada" polo PP. Dito isto, pediu non dedicarse a debates internos.

"Eu non me fixo nos que me chaman ou me deixan de chamar e non fago ningunha lectura política nin persoal sobre as chamadas", declarou Álvarez de Toledo nunha entrevista en Antena 3, que recolleu Europa Press.

Ao ser preguntada expresamente polas ausencias de Feijóo, Moreno e Alonso na Xunta Directiva do PP e se a chamaron para darlle o parabén polo seu nomeamento nese órgano: "Non, non me chamaron, pero de verdade síntome profundamente arroupada por este partido e ademais creo que temos unha tarefa absolutamente fundamental por diante".

DI QUE COÑECE "BASTANTE POUCO" A FEIJÓO

Neste sentido, indicou que España "vive un momento moi difícil" co "desafío" ao ordenamento democrático e a convivencia e é a iso ao que se teñen que "dedicar e non tanto aos asuntos internos".

Tras agradecer todas as felicitacións que recibiu, quitou ferro ao feito de que haxa cargos do PP que non a chamaron tras o seu nomeamento, da mesma maneira que ten amigos que tampouco a chamaron ou non consideraron oportuno facelo aínda. "Parécenme lecturas menores sobre debates menores", agregou.

Álvarez de Toledo indicou que ten "a mellor opinión" sobre eses dirixentes do PP, pero confesou que no caso concreto de Núñez Feijóo se coñecen "bastante pouco" porque se viron "tres veces". Ademais, saudou as recentes declaracións do presidente galego asegurando que o PP non podía absterse ante un PSOE que vai poder gobernar en Navarra cos votos de Bildu.

"IMOS A FACER UNHA OPOSICIÓN INDÓMITA"

A portavoz parlamentaria do PP sinalou que no seu novo cargo tentará traballar "con humildade pero con firmeza" pola "rehabilitación do Parlamento e do oficio de deputado despois dunha progresiva desvalorización e case degradación", á vez que apostará por "reverter a regresión" do sistema constitucional dos que están "a traballar polo seu fragmentación e enfraquecemento".

Segundo dixo, van facer unha "oposición indómita", que "non de deixará domesticar", pero "tamén racional", baseade en argumentos e respectando a intelixencia dos cidadáns. "Non unha oposición histérica", apostilou.

Ademais, deixou claro que fará unha oposición "leal" tanto ao votante do PP, cos que asinaron un contrato, como ao conxunto de españois, pero "non leal ao fracasado candidato Sánchez, cuxa deslealdade quedou de manifesto en moitas ocasións".

"NON PRETENDO RIVALIZAR CON ARRIMADAS"

Álvarez de Toledo asegurou que ten "moi boa relación" coa portavoz parlamentaria de Cs, Inés Arrimadas, á que definiu como unha "excelente parlamentaria e dirixente política". "Non pretendo rivalizar con Arrimadas", resaltou, para subliñar que teñen que centrarse en "controlar" e "marcar" ao Executivo de Pedro Sánchez.

Ante os que din que non ten alma, sinalou que a alma "é unha cousa difícil de captar e definir" e recalcou que a ela o que non lle falta é "paixón política". "O que tento é que esa paixón política estea enraizada en argumentos e en razóns", aseverou.

Neste punto, afirmou que o sentimentalismo "causou un dano enorme" e que na política española houbo un "exceso de emocións, baixas paixóns e irracionalidade", así como de "infantilización".

A portavoz do PP no Congreso dos Deputados, Cayetana Álvarez de Toledo, ofrece declaracións aos medios de comunicación na Cámara Baixa un día despois do seu nomeamento.. Óscar J.Barroso - Europa Press
A portavoz do PP no Congreso dos Deputados, Cayetana Álvarez de Toledo, ofrece declaracións aos medios de comunicación na Cámara Baixa un día despois do seu nomeamento.. Óscar J.Barroso - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta