Forte seguemento nas primeiras horas da folga

Na prensa os traballadores logran que non saian nin Faro nin a edición galega de El País, segundo os sindicatos. Datos sobre o seguimento nas cidades no interior.

Por Galicia Confidencial | | 29/03/2012 | Actualizada ás 01:21

Comparte esta noticia

No sector da prensa existía a posibilidade de secundar o paro o mércores. Nalgunhas empresas importantes, como en Faro de Vigo, secundouse onte, cun seguimento maior que noutras ocasións. Con todo, o xornal olívico logrou completar unha edición única. Está por ver se é quen agora de distribuíla, pois a rotativa do faro foi unha das paralizadas no paro do ano pasado. Noutro xornal, La Voz de Galicia, os traballadores decidiron facer folga o xoves.

"Mañá non se publicarán nin Faro de Vigo (100% de paro) nin a edición galega de El País" adianta a CIG.

None

Por outra banda, arestora confírmase o paro total na recollida de lixo en Vigo, Pontevedra, A Coruña, Ourense e Lugo.

Industria

Outro sector clave para avaliar o éxito das primeiras horas dunha folga xeral é a industria. No naval de Vigo hai "100% de seguimento en Navantia Ferrol, Navantia Fene, e en Rodman Polyships", segundo Comisións Obreiras. En Vigo rexístrase, de acordo á CIG, a "paralización total da actividade portuaria". Na comarca da Coruña, o seguimento tamén é total en Zara loxística, de acordo á versión dos proletarios. Na capital herculina o seguimento tamén é total na empresa de xardíns CESPA. En Santiago no polígono do Tambre xa parou Castrosúa. Na capital de Galicia os piquetes informativos comezaron a súa ronda polos comercios do centro. A Policía protexe arestora o establecemento Opencor.

Polémica en Santiago

Haberá manifestacións na práctica totalidade de cidades e vilas do país. Os horarios das protestas poden consultarse aquí.

Unha das manifestacións de Santiago nace con polémica. O Concello negou á CIG o permiso para usar a toma de luz nas Praterías, polo que non se poderá usar en principio a megafonía. O sindicato nacionalista denuncia "a actitude antidemocrática, antisindical e contraria a dereito" do alcalde conservador Xerardo Conde Roa.

None

Transportes afectados

A nivel de transportes, os servizos públicos xa anunciaron moitas cancelacións. Nos aeroportos do país hai case 20 voos que non saíran na Coruña, dez en Compostela e 28 en Vigo. Suman un total de 58 conexións inactivas. 

Nos trens rexionais o seguimento será total. Unicamente funcionarán unhas poucas conexións do Feve dende Ferrol. Os servizos mínimos determinados pola Administración garanten conexións de autobuses entre case todas as cidades galegas, pero con menos frecuencia do habitual.

Os últimos datos da folga pódense seguir en directo na caixa de 'twitts' na portada do GC.

None
None
None
Comparte esta noticia
¿Gustache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

14 capón

en vilalba todo aberto, algún piquete polas calles, pero os comercios abertos con normaildade fracaso total

1 unha aldea chamada milagre

pois si que é Vilalba un referente comercial ou industrial coma pra ser mostra do éxito da folga

2 Bruar

Capón aberto de Vilalba, o normal, vamos. Éxito total, ou sexa o normal. A tradición esquerdista é coñecida e estudiada a nivel de xogadores de tute de bar.

13 Larchán

Meu deus! acabo de vitar La Voz e o manolo xa tiña deixado unha chea de comentarios, todos na mesma liña que aquí e todos feitos na mesma maña en que según el, non deixa de traballar. Ese home é incombustible.

1 Manolo2

Nunca escribo en La Voz, pero celebro haber creado escuela. Gracias por reconocerlo.

2 Larchán

nada mais contaxioso que o papanatismo.

12 Antón

Agora precisamente veñen os desencantados do naval, cunha loga bateria derrotista de comentarios, cando non emitiron ningún nos diversos artigos sobre a crise do naval que publicou GC. Qué argalleiros son algúns cando tentan manipular.

1 Gregorio

Non Antón non....!, non son os desencantados, as cousas polo seu nome....... has dicir, os vendidos por CCOO UGT, ese e o termo apropiado, e terá de repetirse cantas veces seña preciso, cadre que non cunha xornada de folga. No esquezas que a verdade tan so ten versión orixinal

11 Doutorando

Que hai folga está claro, pero que sexa xeral non. No meou traballo, como dixen antes, estamos ao 90% da plantilla, acabo de sacar cartos do banco e pedín un café nun bar sen problemas.

1 Larchán

Disimula un pouco que se che nota moito. Ao millor se emites mais comentarios do 90% consegues que o actual éxito da folga se trasforme en fracaso.

2 Doutorando

Só escribín dúas veces, Larchán, e para dicir o que vexo, non o que quero ver. E non dixen que fora un fracaso...

10 Begonte 29

En Lugo, temos un bo sector naval, por certo, agora está en máxima produción, pero do outro naval, do dos barcos dese non temos. Digo eu, se o que veño lendo dos que me anteceden é así de certo, entón esta tropa son os directos responsables do desmantelamento do sector, pero sendo así , o que non me encaixa é como seguen mantendo a súa primacía sindical?..Agora vai resultar que cada pobo ten o que se merece e ao parecer Ferrol está dun merecido subido.