Forte seguemento nas primeiras horas da folga

Na prensa os traballadores logran que non saian nin Faro nin a edición galega de El País, segundo os sindicatos. Datos sobre o seguimento nas cidades no interior.

Por Galicia Confidencial | | 29/03/2012 | Actualizada ás 01:21

Comparte esta noticia

No sector da prensa existía a posibilidade de secundar o paro o mércores. Nalgunhas empresas importantes, como en Faro de Vigo, secundouse onte, cun seguimento maior que noutras ocasións. Con todo, o xornal olívico logrou completar unha edición única. Está por ver se é quen agora de distribuíla, pois a rotativa do faro foi unha das paralizadas no paro do ano pasado. Noutro xornal, La Voz de Galicia, os traballadores decidiron facer folga o xoves.

"Mañá non se publicarán nin Faro de Vigo (100% de paro) nin a edición galega de El País" adianta a CIG.

None

Por outra banda, arestora confírmase o paro total na recollida de lixo en Vigo, Pontevedra, A Coruña, Ourense e Lugo.

Industria

Outro sector clave para avaliar o éxito das primeiras horas dunha folga xeral é a industria. No naval de Vigo hai "100% de seguimento en Navantia Ferrol, Navantia Fene, e en Rodman Polyships", segundo Comisións Obreiras. En Vigo rexístrase, de acordo á CIG, a "paralización total da actividade portuaria". Na comarca da Coruña, o seguimento tamén é total en Zara loxística, de acordo á versión dos proletarios. Na capital herculina o seguimento tamén é total na empresa de xardíns CESPA. En Santiago no polígono do Tambre xa parou Castrosúa. Na capital de Galicia os piquetes informativos comezaron a súa ronda polos comercios do centro. A Policía protexe arestora o establecemento Opencor.

Polémica en Santiago

Haberá manifestacións na práctica totalidade de cidades e vilas do país. Os horarios das protestas poden consultarse aquí.

Unha das manifestacións de Santiago nace con polémica. O Concello negou á CIG o permiso para usar a toma de luz nas Praterías, polo que non se poderá usar en principio a megafonía. O sindicato nacionalista denuncia "a actitude antidemocrática, antisindical e contraria a dereito" do alcalde conservador Xerardo Conde Roa.

None

Transportes afectados

A nivel de transportes, os servizos públicos xa anunciaron moitas cancelacións. Nos aeroportos do país hai case 20 voos que non saíran na Coruña, dez en Compostela e 28 en Vigo. Suman un total de 58 conexións inactivas. 

Nos trens rexionais o seguimento será total. Unicamente funcionarán unhas poucas conexións do Feve dende Ferrol. Os servizos mínimos determinados pola Administración garanten conexións de autobuses entre case todas as cidades galegas, pero con menos frecuencia do habitual.

Os últimos datos da folga pódense seguir en directo na caixa de 'twitts' na portada do GC.

None
None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

9 Roibén

Imos ver, pois non entendo ren de ren.Vides dicir que CCOO e UGT asinaron poñer na rúa aos traballadores do naval……..é asi?. Ben, … pois de ser así…..Entón a Folga de hoxe para que é? para que os readmitan? ou para que os enterren..! Polo visto , a culpa non é vosa , senon de quen tendo una ría diante non procede en consecuencia.

8 Baluarte

En Ferrol hai dúas manifestacións, a que arrinca do Inferniño, CCOO - UXT, parece que estará presidida por unha pancarta que representa ser a réplica da Ponte Guindastre de Astano, e ao finalizar, van facer con ela, o mesmo que fixeron co estaleiro... é dicir, mandala ao lixo...! E con ese acto quedará a xornada cumprida en toda regra e mañá o naval seguirá soportando a neglixencia sindical de ter apoiado a instauración do VETO….Mira que vos gusta a comedia..!

1 Manolo2

Pero no te preocupes, que los sindicaleros profesionales ya cobraron el día de hoy, mientras que los pringados que les siguen se quedaron sin la paga correspondiente. Y a seguir mamando del sindicato a las órdenes de Rubalcaba. Es que no hay como ser sindicaleiro profesional.

7 Manolo2

En mi oficina estamos todos, y en las de al lado, lo mismo. Un perfecto fracaso

1 dilema

Viendo tu volúmen de comentarios en GC, no debes de ser muy productivo. Por lo tanto, que más da que ocupes tu silla. Hasta se podría considerar que, realmente, sí haces huelga porque en tu caso se cumple el objetivo.

2 Manolo2

No parece que yo sea el que más escribo por aquí, aunque eso sí, siempre lo hago con el mismo nombre, al contrario que otros. De todas formas si soy o no soy productivo es mi problema, ya que soy autónomo y trabajo por mi cuenta. Unos días tengo 12 horas de trabajo y otros tengo 6. Si me sigues observarás que hay días que no intervengo por aquí para nada. Son de los primeros.

3 Antón

ti o que eres é un parásito, que según semella adicas o tempo de traballo da oficina pra trollear por Internet. E os que vivdes a conta do traballo dos demais, coma ti e os burgueses non teñen concencia solidaria.

4 Manolo2

Antón, toma la pastilla. Parásitos sereis tu y los liberados sincicales. Soy autónomo y dispongo de mi tiempo como me da la gana. Dudo que tu totalitaria y averiada cabeza lo entienda. Además te veo cabreado. Se ve que la folga no va bien.

5 Andamolho

hahahahaha manolito não me faças rir hominho, a tua oficina que é a tua casa não sim?? que cachondo mental.

6 Antón

non estou cabreado, ao contrario fasme rir. Pois si que te tomas ben tempo todolo día pegado o ordenata e trlleando. Debas ter un negro que te faga o traballo. A folga está sendo un éxito, a vista das informacións das distintas cadeas que van chegando. E o principio da movilización popular que dará o traste co franquismo dunha vez por todas, e os burgueses e vós os seus acólitos estades a poñeros nervosos, en ti notase pola compulsividade en mandar trollcomentarios.

7 Manolo2

Movilización popular que dará al traste con el franquismo...Ja,ja,ja,ja,ja. Estás como un chota. Mira el calendario, y pide cita para otro psiquiatra que el actual no te arregla nada.

6 Reseña

Si cuando fue la reconversión de IZAR a Navantia no ser firmara aquel maldito veto por Comisiones Obreras CCOOy UGT, si estos tomaran el mismo camino que tomó la CiG que fue decir NO al veto, otro gallo nos cantaría, pero vosotros,los malditos sindicatos vendisteis vuestra tierra y nuestro pan para las malditas prejubilaciones. Y ahora la emprendeis con una huelga…! Iros al carajo que queda cerca, hombre

1 Antitrolls

Colliches o nillor día para falar do caso. Vai rañala trollaso. Os sindicatos a pesares que podas estar mais ou menos dacordo coas suas políticas, aparte de imprescindibles na defensa dos dereitos traballadores, e a arma mais eficaz de loita obreira.

2 Antitrolls

Colliches o nillor día para falar do caso. Vai rañala trollaso. Os sindicatos a pesares que podas estar mais ou menos dacordo coas suas políticas, aparte de imprescindibles na defensa dos dereitos traballadores, e a arma mais eficaz de loita obreira.

3 O artista - sindicalista

Oes, acomoda o corpo que telo alterado, non che vaia ir mal..! Acouga oooohhhh

4 Antitrolls

Non sei se alterado, pero bastante desubicado si que andas ti, eu non estou alterado, pero si bastante hastiado dos puros que en momentos de unión, ides de que a tedes mais longa que ninguén, servendo os intereses dos inimigos da clase obreira.

5 Doutorando

No meu traballo estamos o 90% dos empregados