Manifestacións masivas en Santiago pola folga

Ducias de miles de persoas secundan as protestas de CIG por un lado e Comisións e UXT por outro. Imaxes e vídeo no interior.

Por Walter Burns | Santiago | 29/03/2012 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A poucos metros unha de outra, as dúas principais manifestacións do 29M xuntaron a ducias de miles de santiagueses este mediodía. Na historia recente da capital de Galicia, nunca unha folga xeral sacara tanta xente á rúa.

As protestas dos nacionalistas da CIG (na que tamén participaron, polo menos, os nacionalistas da CUT e os anarquistas da CNT) por un lado e as dos colectivos estatais (Comisións e UXT) por outro transcorreron sen incidentes importantes e nun ambiente festivo. A maioría dos comercios do centro de Compostela -pódese estimar que ao redor dun 80%- tiñan as reixas baixadas. Nas aforas da cidade o seguimento no comercio polo miúdo era menor, pero en todo caso maioritario.

UXT e Comisións tiveron que comezar a dar os seus discursos na Praza de Praterías cando a penas un 25% dos cidadáns que secundaron a súa convocatoria estaban nesa praza. O resto agardaba escapando da forte sol polos carreiros da zona vella. Velaquí o intre no que comezaron os discursos:

None

A CIG acabou a protesta na Praza da Quintana, que estaba medio chea cando a organización comentou que quedaba xente a centos de metros, na Praza de Galicia. Posteriormente a Praza encheuse, como proban as imaxes de Jorge M. de la Calle. GC, dado a súa escaseza de medios, non puido quedarse até o final da protesta para tomar a foto da Quintana repleta.

A asistencia ás protestas foi tal que a CIG, que saíu medio hora despois, tivo que ir moi amodo para non se cruzar coa outra. Os cidadáns dunha e doutra mobilización observaron a división sindical a poucos metros uns dos outros. A división das centrais é a única mala noticia para os traballadores que foron hoxe ao paro en Compostela.

Pola súa banda, a central USO logrou xuntar a penas un cento de asalariados diante da sede da Xunta en San Caetano.

As dúas grandes protestas foron vixiadas por un cento de axentes da Unidade de Intervención Policial. Os 'antidisturbios' acompañaron as cabeceiras das protestas co seu armamento listo, pero non houbo incidentes máis alá dunhas poucas bengalas que marcaron os escasos comercios que non baixaron as reixas.

En definitiva, un éxito dun nivel sen precedentes próximos no tempo dunha folga xeral en Compostela.

Imaxes das dúas manifestacións en Santiago aquí. Imaxes de Jorge M. de la Calle sobre a manifestación da CIG aquí.

Noutras cidades

No resto de cidades do país as manifestacións tamén foron importantes. Os sindicatos de ámbeto estatal cifran en 85.000 os asistentes en Vigo. Uns 25.000 en Pontevedra segundo as centrais. Na Coruña unhas mil persoas uníronse ás protestas de CUT e CGT.

None

Os líderes de UXT e Comisións José Antonio Gómez ey José Manuel Sánchez Aguión paraticiparon na de Vigo. O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, tamén acudiu á capital olívica, onde participou o alcalde Abel Caballero. O líder do BNG Guillerme Vázquez participou na protesta da CIG en Vigo.

None
None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

3 El PPresidente

Súbditos y vasallos de todo origen y condición: felicito a todos los trabajadores de bien que hoy asisten con alegría y bravura al cumplimiento de sus obligaciones para con sus patronos; por el contrario pido a Dios que castigue sin piedad a quienes irresponsablemente las abandonan. Además, vaya mi más rotundo reproche hacia esos millones de andaluces menesterosos, poseídos sin duda por el alma malvada del pérfido Almanzor, que impidieron el domingo la conquista del PPoder por parte de Javier el Campeador. Y no conformes con ello, hoy dejan desatendidos cortijos, haciendas y olivares, así como a sus legítimos dueños. ¡Dios los convierta o los confunda!

1 Bruar

Amén, Sr. PPresidente de todos los gajellos y, por gracia de Dios, de todos los españoles. Más hombres ilustres como vuecencia necesita este PoPulacho tan falto de líderes espiruales. Es usted todo un Gallardón de la españolidad.

2 Coruñes

Seria desexabel que houbese unha única manifestación, mas o problema está en que mentras uns están contra a reforma laboral (CIG,CUT,CNT,CGT) outros queren negociar non se sabe que(lembremonos da reforma das pensions), quizais as suas prebendas.

1 Lula

Na Coruña houbo moita xente. O penoso foi que houbese dúas manifestacións, e que non se nos dese a máis mínima explicación de por que non se fixo unha única convocatoria. As persoas cruzábamonos e diciamos: isto é un erro, queremos estar xuntos, temos un gran problema e precisamos unidade. As forzas sindicais teñen a obriga de conseguir a unidade de acción. Puxéronse de acordo no máis difícil: convocar a folga, e o máis fácil, unha convocatoria unitaria de manifestación, non se consegue. Merecemos unha explicación pública deste xesto tan lamentable.

1 Bruar

Podería ser Lula, entendo o que dis e non che falta razón, pero non é tampouco un problema que as manifas teñan diferencias. Persoalmente penso que ese non é o problema comparado con que os traballadores que defenden esta reforma, iso é realmente contrario ao sentido común, que haxa traballadores que teñen o mesmo discurso ca o presidente da patronal.

2 Xove

Separados van todo o ano, por que van ir nun día xuntos? Por que UGT/CCOO negociaron recurtes con Zapatero e agora queren negociar co PP? Lembrades o apretón de mans de Toxo, Méndez, ZP? Lembrades a proposta de indemnizacións por despedimento de UGT/CCOO?? Eu apoio que hai que ir xuntos... pero todo o ano!!!

3 Xoelho

Os trabalhadores que defenden a reforma son trabalhadores que votan polo PP e algúns dos que votan polo PSOE, pero tamén hai trabalhadores que votan polo PP e despois fican descontentos coa reforma porque polo visto esperaban que o PP resolvese o que fixera o PSOE, que para eles era o que tinha a culpa de todo: da crise económica, do paro, das lacras do capitalismo e, se me descoido, do afundimento do Titánic. En canto o goberno do PP se desgaste dabondo e a xente pase a consideralo o culpable da crise, xa o PSOE vai volver ser bo, todo queda esquecido e outra vez a votar por eles. E así sucesivamente... Todo menos deixarmos de pensar co cu.