Accidente múltiple en Santiago sáldase cunha persoa ferida e problemas na circulación

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2019 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Un accidente con varios vehículos implicados rexistrado na mañá deste xoves na SC-20 en Santiago de Compostela saldouse cunha persoa ferida e dificultou o tráfico rodado na zona.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, varias persoas chamaron a partir das 10,20 horas deste xoves para alertar dun sinistro na SC-20 á altura do Media Markt en Santiago de Compostela, supostamente debido ao choque de dous camións.

Ao recibir o aviso de que podía haber un camioneiro atrapado, por parte do 112 Galicia mobilizouse aos Bombeiros de Santiago. Tamén foron avisados o 061 e a Policía Local, así como Protección Civil e persoal de mantemento da estrada.

O 061 enviou ao lugar unha ambulancia medicalizada e outra asistencial, que levou ao hospital HM Rosaleda a unha persoa ferida, indicaron fontes sanitarias.

Control da Garda Civil de Tráfico
Control da Garda Civil de Tráfico | Fonte: legaccidentes.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta