O Hospital Clínico de Santiago acolle un novo espazo para asociacións de pacientes da área de Compostela

O director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, destacou a importancia desta inauguración "para que a asociacións teñan máis visibilidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2019 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

O Hospital Clínico de Santiago acolleu este xoves a inauguración dun novo espazo asociativo para uso das asociacións de pacientes da área compostelá. A xerencia sanitaria compostelá inaugurou este espazo coa asistencia do director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, xunto á xerente desta área, Eloína Núñez, e membros de asociacións de pacientes. Aínda que estaba prevista a presenza do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, finalmente non puido acudir por un problema técnico co seu vehículo.

Para Eloína Núñez trátase dun "paso adiante no obxectivo de intensificar a colaboración entre asociacións e os profesionais dos nosos centros para a consecución dunha mellor atención ás persoas". Mentres, o director xeral de Asistencia Sanitaria destacou a importancia deste espazo para que as "asociacións teñan máis visibilidade" "Está onde ten que estar, no corazón dun gran hospital como é o Hospital Clínico", abundou.

Este novo espazo, explicaron por parte da xerencia compostelá, substitúe ao existente e "permitirá usos que ata o de agora non eran posibles", destacaron. Deste xeito, indicaron que vai supor "unha mellora na accesibilidade e oferta de actividades para os pacientes".

A área reformada ten unha superficie de 65 metros cadrados útiles, "sendo cinco veces maior que a que ocupaba na actualidade", indicaron as mesmas fontes. O novo espazo incorpora a posibilidade de realizar reunións, charlas formativas grupales, así como atención individualizada no despacho habilitado para este uso. Tamén incorpora un punto de consulta para o paciente, onde poderá acceder á información da rede.

OBXECTIVOS

A xerencia compostelá incidiu en que entre os obxectivos que se perseguen inclúense facilitar as funcións das asociacións de pacientes relativas a información, asesoramento, orientación e captación de interesados; promover a interacción entre as asociacións e o centro sanitario na actividade diaria e "crear unha contorna de coñecemento mutuo entre as asociacións, os profesionais e a propia xerencia", explicaron.

A finais de 2015 empezou a funcionar no Hospital Clínico Universitario de Santiago o primeiro espazo asociativo nun hospital público galego, lembraron. Durante ese tempo foi empregado por "moitas das 29 asociacións que compoñen o Consello asesor da área sanitaria de Santiago e Barbanza", concluíron.

O Hospital Clínico de Santiago acolle un novo espazo asociativo para asocaciones de pacientes da área de Compostela. SERGAS
O Hospital Clínico de Santiago acolle un novo espazo asociativo para asocaciones de pacientes da área de Compostela. SERGAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta