Preto de 200.000 manifestantes paralizan Vigo

A cidade olívica foi o epicentro das mobilizacións en Galicia. A cidade quedou paralizada polo masivo apoio á folga xeral. Os sindicatos falan dun seguimento do 90%. Fotogalería das manifestacións e vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/03/2012 | Actualizada ás 21:13

Comparte esta noticia

 Colaboración especial de Rosalía R. Méndez (texto) e Miguel Núñez (fotografías) para GC.

Non se recordaba en Vigo unha manifestación tan numerosa, 200.000 persoas en total sumando as tres manifestacións convocadas. Os sindicatos falan de que o seguimento da folga na cidade foi dun 90%.

grafica GC

Ás 08.25 da mañá Vigo semellaba unha cidade pantasma. O paro era case total.

Paro total nos sectores da automoción, estaleiros e no Porto de Vigo.

O primeiro pulso da madrugada tivo lugar no cambio de quenda da factoría Citroën. Os piquetes comezaban a chegar contra as catro da mañá, aínda que non foi  ata dúas horas máis tarde cando se produciron os relevos nas quendas dos traballadores. A presenza policial era considerable, tendo en conta que había un cento de persoas que formaban o piquete informativo. O seguimento da folga foi tan alto, que a Citroën tivo que parar a cadea de produción, por non contar con persoal suficiente. O mesmo sucedía en industrias auxiliares da automoción de Vigo e comarca. A situación foi similar de madrugada na zona de Beiramar.

Paro absoluto no naval vigués e tranquilidade nos asteleiros, sen presenza policial. Os traballadores concentráronse ás portas dos seus centros de traballo durante horas. Un claro exemplo foi a empresa Freire, un dos poucos estaleiros que conta nestes momentos con carga de traballo en Vigo. Nos polígonos industriais respirouse o mesmo ambiente. No polígono industrial de Valadares ás sete da mañá un grupo reducido de piquetes e un furgón policial vixiaban a evolución da folga. Na área empresarial e de loxística do polígono o paro foi prácticamente total, mentres que nas industrias de servizos do parque, como por exemplo o téxtil, o seguimento do paro non foi tan masivo segundo os piquetes.

grafica GC

Presenza policial en Citroën perante os piquetes, coa quenda das seis da mañá

Detención dun cámara da CIG

O único incidente destacable na cidade produciuse a primeira hora coa detención por parte da policía dun reporteiro da CIG que estaba a gravar o piquete nun centro comercial. O sindicato denuncia que a actuacón policial foi excesivamente violenta.

Mentres, no Porto de Vigo a actividade foi nula. O Porto e a Lonxa estiveron paralizados durante todo o día. Os barcos non saíron a faenar e tódalas industrias permaneceron pechadas, debuxando unha paisaxe nada habitual na cidade.

grafica GC

Piquetes e policías, na saída dos autobuses de Vitrasa, ás 6.45 da mañá

Servizos mínimos cumpridos

Espertou o día e o tráfico na cidade foi semellante a un festivo calquera. Praza América baleira, o mesmo sucedeu en arterias principais como Gran vía, Urzáiz ou García Barbón. Non só estivo paralizada a zona industrial, senón que sucedeu o mesmo no centro de Vigo. O transporte urbano respectou os mínimos establecidos ó 20%, e os taxis que traballaron levaron un cartel sinalando os mínimos.

Non houbo tampouco voos programados en Peinador e os trens permaneceron nos andéns na estación, aínda que estivo permanece aberta.

Os hospitais funcionaron con servizos mínimos. Algúns traballadores denunciaron que os mínimos foron abusivos ás portas do Hospital Xeral, mentres en Povisa a xornada de folga comezou con normalidade, aínda que con presenza policial polo piquete na entrada da quenda de día.

grafica GC

Folguistas no Hospital Xeral de Vigo, ás 07.45 horas

Cidade pantasma

Sobre as nove da mañá o centro de Vigo permanecía baleiro, coma se fose unha cidade pantasma, nas horas previas ás manifestacións. Os colectores tumbados recordaban os pequenos incidentes da noite anterior. Comercios, centros comerciais e cafeterías estiveron pechados e tan só uns poucos peóns camiñaban pola rúas. Onde sí houbo certa actividade foi no centro de Vigo diante dos grandes bancos. O piquete informativo logrou cortar o escaso tráfico, polo que acudiu deseguido a Policía, que non tivoque intervir en ningun momento, aínda que si os bombeiros pola queima dun colector.

O seguimento da Folga na Administración Pública foi desigual. Mentres os sindicatos falan dun cento de traballadores que acudiron ó seu posto de traballo no edicifio da Xunta, medio cento facíao no Concello contra as nove da mañá. A Xunta fala dun seguimento do 35% fronte o 90% que defenden os sindicatos.

grafica GC

O selo da folga nun escaparate de Zara nas Travesas

Masivas manifestacións

Un total de tres manifestacións estaban convocadas esta mañá en Vigo a diferentes horas no centro da cidade. A primeira en saír foi a de CCOO e UXT ás 11 da mañá, que comezaba dende a Gran Vía á altura do Corte Inglés. A CUT, CGT e CNT saían á mesma hora pero dende a Praza de España, tan só uns metros máis arriba, rematando na Porta do Sol. A terceira manifestación, a convocada pola CIG, partía dende A Doblada (no barrio do Calvario) e remataba ao comezo da rúa do Príncipe, sendo a máis longa en percorrido.

CCOO e UXT saían puntuais dende a Gran Vía cara ás once da mañá. A afluencia de persoas foi tan numerosa que pouco despois do mediodía a cabeceira da manifestación chegaba ao seu punto final mentres quedaba todavía xente sen saír da Gran Vía. Os dous sindicatos cifran a participación en 100 000 persoas, mentres que a Policía Local fala de 85 000, tan só nesta manifestación. Unha vez finalizado o percorrido, diante da sede da Xunta, CCOO e UXT quixeron recordar ó Goberno central que non lle queda máis remedio que sentarse a negociar unha reforma laboral que os traballadores rexeitaron de forma masiva.

grafica GC

Os estaleiros vigueses tamén pararon na xornada de folga xeral

Na Manifestación da CIG, que saía tamén puntual ás 12 da mañá, repetíase a historia: mentres a cabeceira chegaba ó final do percorrido moitas persoas aínda non puideran saír do punto de inicio e seguían baixando milleiros de persoas pola rúa de Urzáiz. O sindicato calcula que unhas 100 000 persoas acudiron á convocatoria da CIG para pedir a retirada da reforma laboral. O sindicato nacionalista quixo recordar que é a hora de loitar polos dereitos da clase traballadora galega, que “non é hora de resignarse”. Pola súa banda, Guillerme Vázquez, do BNG, dixo que "o Goberno debe tomar nota do éxito da folga xeral e retirar a reforma laboral".

grafica GC

Na contorna de El Corte Inglés non había movemento ás nove da mañá

Varios milleiros de persoas asistiron tamén á terceira manifestación, a convocada por CUT, CXT e CNT, que remataba na Porta do Sol.

Tanto CCOO e UXT coma a CIG fixeron ao remate das manifestacións da mañá, un chamamento ós asistentes para voltar pola tarde as rúas para continuar coa folga. A cita foi ás catro da tarde na “Farola”, á entrada da Rúa Príncipe. A convocatoria tivo tal éxito que se organizou de xeito espontáneo un piquete multitudinario que se dirixiu ata o Corte Inglés, que estaba aberto a esas horas e non tivo máis remedio que pechar de inmediato ante a chegada dos piquetes sobre as cinco da tarde.

grafica GC

A comercial rúa do Príncipe, practicamente baleira

grafica GC

Así amencía hoxe a lonxa de Vigo. O único movemento era de gaivotas

grafica GC

Vigo quedou paralizado pola mañá

grafica GC

Lume nun colector en García Barbón. Os incidentes foron mínimos.

Imaxes da manifestación da CIG

grafica GC

grafica GC

grafica GC

Imaxes da manifestación de CC.OO. e UXT

grafica GC

grafica GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

8 un liberado

Exito total de la huelga. Ayer, hoy y mañana más de cinco millones de parados. La romería de los sindicatos no cambia nada.

1 La trotona del MoroPPa

No como sucede desde que llegué yo al Gobierno, que cambia todo. Para peor, pero cambia.

2 Antón

Estás recoñecendo ti mesmo ca reforma non vai sever pra crear emprego. Entón...por qué criticas os que loitan contra unha medida inútil que só trae precariedade ós traballadores? e posta coa escusa de crear emprego.

3 saude

O liberado este debe ser da Patronal home non lle facer caso.

7 cromo

é ben significativo que saquen fotos da mani de UXT e ningunha da CUT.

1 APUPA MARIANO

Tes toda a razón estes de GC tamén estan no Proxecto Común. Xa ves como aparece o Beiras en primeira páxina antes da Folga.

6 El PPresidente

¡Y un jamón! Mi gestión y la de los míos ya habían paralizado Vigo y el resto de Castilla del Noroeste. Las industrias quebradas, las explotaciones agrícolas en la ruina, 75.000 parados más que cuando tomé posesión como virrey de estas tierras, el concurso eólico tumbado... si esto no es paralizar que venga Dios, o Aznar, que tanto monta, y lo vea.

5 GC Noraboa

Noraboa pola completa e bonita reportaxe! Iso queremos, detallismo, rigor e boas fotos! :)))

4 Marciano

A reforma laboral provocará abusos dalgúns empresarios. E sen embargo é necesaria. Xa era necesaria antes da crise. Aínda queda outra, esta de menor calado, para reducir o número de contratos, tocar a lei de folga... E quizais así, só quizais, teñamos algunha oportunidade de que os nosos fillos poidan vivir nalgo que se pareza un pouco ao menos a un Estado do Benestar. Son pesimista, sen embargo; tedes as expectativas ancladas en tempos que non van volver. Ogallá teñades razón vós, e non eu, e todo sexa cuestión de querer algo con moitas forzas para lograr que se convirta en realidade.

1 Bruar

Que incongruencia, dicir que o estado de benestar vén da man desta reforma laboral dos 20 días patrocinada polo PP. Confundir precariedade de moitos e salarios de subsistencia con socialdemocracia e froito dun longo proceso mediático dos creadores de opinión afíns á dereita neoliberal. Pero é o que temos, traballadores cegos defendendo que todos sexamos tortos.

2 Arenga

Podo entender o teu pensamento neoliberal (ou capitalista a secas). Mas em todo isso que dís, pq há que tocar o direito a folga para sair da crise?? Falar de estado de benestar e capitalismo é umha utopia. A ver se vos dades conta vivimos num sistema económico mixto, nom no capitalismo!!!!! O sistema mixto é a uniom de comunismo e capitalismo e por isso temos um estado de benestar. No momento em que os grandes capitais, fondos de inversom, multinacionais, etc (capitalistas ou neoliberais) figerom crer a gente que o comunismo nom é possivel e nom há alternativa querem cargar-se o sistema mixto e aplicar o capitalismo puro e duro, onde nom existe isso que chamades estado do benestar.

3 Arenga

Onde o público dessapaece, nem sanidade, nem educaçom seram gratuitos e públicos, onde os trabalhadores nom teram direitos, ou aceptas as condiçons da empresa ou nom trabalhas e ponto. Onde nom haverá pensons públicas, já te contratarás um plam de pensons se tes dinheiro. Onde nom existirá a prestaçom por dessemprego, se nom trabalhas nom cobras. Etc, etc, seguir sonhando e crendo todo o que vos dim, e repito para que quede claro, nom vivimos no sistema capitalista, se nom num sistema mixto que graças a el temos estado de benestar, mas polas ventajas que incorporou o comunismo nesse sistema.

4 Bruar

Arenga, o estado do benestar, moi mal chamado así; sería que os cidadáns de calquera Estado tivéremos o necesario e suficiente para ter unha VIDA DIGNA. Por iso os cantos de serea de que unha reforma laboral que o único que fai é precarizar os ingresos, rebaixar salarios sin ningunha medida compensatoria é simplemente NEOLIBERALISMO no cal cada un que faga o que poida e todos a traballar o máis posible para vivir na miseria. O estado bo benentar é totalmente contradictorio coa reforma laboral do PP.

5 Arenga

Estou em acordo bruar, dijem que podo entender o seu pensamento, mas nom o comparto. Mas a minha explicaçom vinha a conto de que os capitalistas ganharom-nos a batalha das palavras. Pq dim que vivemos num capitaismo quando é mentira?? pq se di neoliberalismo na vez que capitalistas?? Acho que muita gente que di defender o "capitalismo" o que fai é defender este sistema mixto, nom o capitalismo,e sendo mais exato esse estado de benestar que incluiu a parte comunista do sistema mixto. Polo tanto essa gente defende muito mais o comunismo que o capitalismo, mas como perdimos a batalha das palavras por querer ser mais puristas que ninguem, hoje em dia, a maioria da populaçom associa capitalismo com esse estado de benestar quando nada tem que ver, e neste momento começam a ver a verdadeira cara do capitalismo e ao levar décadas a defenestrar o comunismo e louvar o capitalismo pensam que nom há alternativa.

6 Antón

Hai algúns que non están preparados para ser pais. Non sei se para marcianos si ou non, pero para ser pais de seres humanos, seguro que non.