Presentación das novidades da Lei de Rehabilitación ante os promotores inmobiliarios de Pontevedra

Esta semana tamén se publicou no Diario Oficial Galicia (DOG) a convocatoria das axudas de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2019 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o presidente da Asociación de Promotores Inmobiliarios da provincia de Pontevedra (Aproin), Javier Garrido, reuníronse para analizar e profundar na nova Lei de Rehabilitación e Rexeneración e Renovación Urbana de Galicia.

Vázquez afirmou que o obxectivo desta lei é axilizar os trámites administrativos a quen queira rehabilitar e protexer o patrimonio galego, e así recuperar o centro histórico e núcleo rural. Por iso, a Xunta defende que supón "unha oportunidade para os promotores inmobiliarios para desenvolver a súa actividade".

Nunha reunión precedente da conselleira co seu homólogo de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asinaron un documento para preservar a seguridade xurídica nestes procesos de rehabilitación. Garrido interesouse pola instrución para facilitar as licenzas directas e normas de aplicación, ao que Vázquez respondeu que a finalidade do documento é coordinar ás diferentes administracións e aclarar dúbidas sobre cuestións concretas.

AXUDAS Á EFICIENCIA ENERXÉTICA E ACCESIBILIDADE

Esta semana publicouse no Diario Oficial Galicia (DOG) a convocatoria das axudas de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento de conservación da mellora de seguridade de utilización e da accesibilidade incluídos no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

A Xunta calcula que estas axudas lograrán mobilizar 17.104.300 euros e entre os posibles solicitantes poden estar os donos das vivendas a rehabilitar, as comunidades e agrupacións de propietarios, as cooperativas, ademais das empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios.

A conselleira Ángeles Vázquez
A conselleira Ángeles Vázquez | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta