Identificados 30 mozos na Festa do Albariño por alterar a orde pública e mexar en vía pública

Tamén foi detido unveciño de Vilagarcía por tráfico de drogas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 02/08/2019 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo este xoves 1 de agosto en Cambados (Pontevedra) a un mozo veciño de Vilagarcía de Arousa como presunto autor dun delito contra a saúde pública ao ser sorprendido cun centenar de doses de estupefacientes na vía pública na Festa do Albariño.

Segundo informou o Instituto Armado, a detención produciuse no marco do dispositivo especial de seguridade cidadá establecido pola Garda Civil con motivo das Festas do Albariño que reúne durante varios días "unha considerable cantidade de visitantes", destacan as mesmas fontes, na localidade de Cambados.

O arresto tivo lugar cando unha das patrullas que integraban o dispositivo sorprenderon a este individuo entre un grupo de mozos, no momento que portaba unhas cen doses de cocaína dispostas para a venda.

Detido un veciño de Vilagarcía por tráfico de drogas na Festa do Albariño de Cambados (Pontevedra).. GARDA CIVIL
Detido un veciño de Vilagarcía por tráfico de drogas na Festa do Albariño de Cambados (Pontevedra).. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

24 DENUNCIAS

No marco das actuacións orientadas a erradicar a venda, distribución e consumo de drogas, formuláronse 24 denuncias administrativas pola tenencia e consumo de estupefacientes en lugares e establecementos públicos.

Foron identificadas unha trintena de mozos como presuntos autores de varias infraccións como "alteración da orde pública, falta de respecto aos axentes da autoridade por mexar na vía pública, entre outras", sinalan as mesmas fontes.

Así mesmo, dous locais foron denunciados por excederse no horario de peche e varios menores identificados cando consumían bebidas alcohólicas, tendo que ser avisados por iso os seus proxenitores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta