Temas: OURENSE PP

Falece Manuel Penedo, alcalde popular do Irixo, tras 32 anos á fronte do Concello ourensán

Será o seu número dous, Manuel Cerdeira, o que exerza as funcións de Alcaldía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2019 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O alcalde popular do Irixo (Ourense), Manuel Penedo, faleceu nas últimas horas tras 32 anos á fronte do Concello --desde 1987--, tal e como confirmaron a Europa Press fontes do PP de Ourense.

O rexedor levaba xa un tempo enfermo e, tras o seu falecemento, colocarase a capela ardente no Consistorio do municipio. Por mor deste suceso, será o seu número dous, Manuel Cerdeira, o que exerza as funcións de Alcaldía.

Penedo renovou como alcalde tras alcanzar a maioría absoluta nas eleccións do pasado 26 de maio. Nos comicios, o PP obtivo seis concelleiros fronte aos tres edís dos socialistas.

O presidente da Deputación e do partido a nivel provincial, Manuel Baltar, expresou as súas condolencias a través da súa conta de Twitter, na que destacou a Penedo como "leal e traballador como poucos". "Un profundo abrazo abrazo para a familia e veciñanza", manifestou Baltar.

Manuel Penedo xunto con Manuel Baltar
Manuel Penedo xunto con Manuel Baltar | Fonte: Deputación de Ourense

Temas: OURENSE PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Charrasqveiro

Baltaria, todo un exemplo de feudalismo, Ourense á cabeza da anovación...