Por E.P. | A CORUÑA | 02/08/2019 | Actualizada ás 14:49
A Fiscalía Xeral do Estado nomeou ao actual fiscal de menores da provincia de Ourense, José Manuel Ucha López, novo fiscal delegado autonómico desta especialidade en Galicia.
Así o recolle o decreto da Fiscalía Xeral do Estado publicado este venres no Boletín Oficial do Estado (BOE) e do que informou tamén a Fiscalía Superior de Galicia.
O fiscal superior de Galicia, Fernanzo Suanzes, previa convocatoria dun concurso interno para o nomeamento do fiscal delegado autonómico en materia de menores, propuxo a designación de José Manuel Ucha López, destinado na Fiscalía Provincial de Ourense e delegado provincial da especialidade.
Ucha López concorreu como único solicitante a este cargo e, tras non presentarse obxección ningunha ao seu nomeamento, publicouse o decreto da Fiscalía Xeral do Estado dando conta do mesmo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.