O Tribunal Superior ve "comportamento antisindical" na fundación responsable de Proxecto Home

O TSXG determina que a Fundación Monte do Gozo estima en parte a demanda de tutela da liberdade sindical formulada polo sindicato CC.OO.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2019 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) determinou que a Fundación Monte do Gozo, promotora dos programas terapéuticos de rehabilitación de toxicómanos Proxecto Home, incorreu nun "comportamento antisindical" contra CC.OO.

Fundación Monte do Gozo
Fundación Monte do Gozo | Fonte: Google.

Na sentenza, con data 23 de xullo, a Sala do Social do TSXG estima en parte a demanda de tutela da liberdade sindical formulada polo sindicato CC.OO. ao determinar que a Fundación Monte do Gozo incorreu en "discriminación respecto dos traballadores próximos e/ou afiliados ao sindicato".

Por iso, condena á promotora de Proxecto Home "ao cesamento inmediato de tal comportamento antisindical" e a abonar a CC.OO. unha indemnización de 15.000 euros por "danos morais provocados ao mesmo pola súa conduta antisindical". Contra esta sentenza poderase interpor recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta