Izan velas por Rosalía!

A xente do mar lembrará este sábado en Padrón aquel verso da poeta que dicía o seguinte: "que inchadiña branca vela". Será a sétima edición desta homenaxe.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2019 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

Padrón celebrará este sábado a sétima edición da "Inchadiña branca vela", unha homenaxe  á poeta Rosalía de Castro que lle rende a xente relacionada co mar.

En total, 27 embarcacións procedentes das distintas rías galegas ascenderán desde a praia fluvial de Vilarello en Cordeiro (Valga) ata Padrón, onde se homenaxeará á escritora diante da súa estatua no Espolón de Padrón.

Este festexo celébrase desde o ano 2013, que coincidiu co 150 aniversario da publicación de "Cantares galegos", obra na que a autora inclúe un poema que fala da natureza do río Ulla e cuxo primeiro verso -"que inchadiña branca vela"- inspirou o nome da festa marítima na súa honra.

As actividades comezarán ás 16.30 coa saída das embarcacións e estímase que a chegada ao Espolón sexa ao redor das 18.00. Ademais, este ano os barcos quedarán expostos na Praza da Leña de Padrón durante un día.

A escritora e poetisa, Rosalía de Castro
A escritora e poetisa, Rosalía de Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta