Os funcionarios do Concello de Ourense non poderán levar os coches oficiais as fins de semana

É a nova orde que ditou o alcalde, Gónzalo Pérez Jácome, con respecto aos traballadores da administración local.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2019 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, ditou unha orde pola que insta os traballadores municipais a "non levar" os vehículos oficiais as fins de semana. Pídelles que, no canto diso, os "depositen" nunha instalación do concello, agás aqueles empregados que conten cunha "autorización expresa" previamente comunicada á administración local.

A medida foi ditada polo primeiro edil ourensán nunha providencia de custodia de vehículos municipais na que os funcionarios só poderán utilizar os coches durante as fins de semana en caso de ter unha autorización do concelleiro delegado ou do xefe de servizo correspondente, segundo informou o concello da cidade termal este sábado nun comunicado.

Por tanto, os traballadores terán que asumir esta nova orde, xunto coa de control horario, que foi a primeira disposición do alcalde no seu mandato. Respecto diso, nunha entrevista concedida a Europa Press o pasado xullo, Jácome argumentou que os empregados debían "cumprir o horario", á vez que sostiña que "sobraba persoal sen cualificar" porque "o 90 por cento" dos funcionarios entraran "por enchufe".

No seu momento, o persoal do Concello mostrouse molesto, non pola disposición en si, que aseguraron "comprender", senón por ser a primeira actuación do novo alcalde cando consideraban que había "outras cuestións moito máis importantes".

O rexedor de Ourense, na súa primeira semana de mandato, tachara de "mafia do escaqueo" aos traballadores municipais, aínda que logo matizou que existía "xente con talento e vontade entre as mazás podrecidas".

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, en rolda de prensa.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, en rolda de prensa. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Vai ser que Jácome seja quem ponha algo de ordem entre tanta delinquência mantida polo PP e polo PSOE no Concelho, pois ambos partidos fôrom os que tiverom a leme no governo da cidade de Ourense. Manda caral..!