A Xunta colabora con Monterrei para solucionar os problemas de abastecemento de auga tras as inundacións

Concello e conselleira demandan á Confederación do Douro que asuma tamén "a súa responsabilidade" na reparación dos danos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2019 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A Xunta colaborará co municipio de Monterrei (Ourense) para solucionar os problemas de abastecemento de auga para evitar novos episodios de inundacións e facer fronte aos danos ocasionados polas mesmas.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo este sábado unha reunión co alcalde de Monterrei, José Luís Suárez Martínez, para tratar a preocupación municipal por mor das desfeitas ocasionadas polas inundacións do pasado mes. Conforme a isto, o Goberno galego comprometeuse a colaborar na atención ás necesidades máis urxentes.

Na súa intervención, Ethel Vázquez xunto con José Luís Suárez, sinalaron que Monterrei pertence ao ámbito da Confederación Hidrográfica do Douro, polo que este organismo "debería" asumir tamén "a súa responsabilidade" na reparación dos danos e na adopción de medidas destinadas a evitar que estas situacións se repitan.

ACTUACIÓNS

Pola súa banda, entre as medidas que a Xunta pretende levar a cabo destacan a necesidade de canalizar o río Rubín, o que "contribuiría a minimizar os desbordamentos". Por mor disto, o Goberno autonómico licitará obras destinadas a dotar de beirarrúas o núcleo de Albarellos, na estrada de Ourense, ademais de dar solución aos problemas de abastecemento relativos á parroquia de Madanela.

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez se reune co alcalde de Monterrei, José Luís Suárez Martínez para colaborar na mellora do abastecemento de auga no municipio. XUNTA
A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez se reune co alcalde de Monterrei, José Luís Suárez Martínez para colaborar na mellora do abastecemento de auga no municipio. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta