O Concello da Coruña solicita á Xunta acordar o plan de transporte para o próximo decenio

Tras o aumento de vinte liñas, coidan que cómpre negociar conxuntamente o transporte público da cidade para atender a gran repercusión que terá.

Por E.P. | A CORUÑA | 03/08/2019 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

A Concellaría de Mobilidade do Concello da Coruña solicitou á Xunta unha reunión para definir o proxecto de explotación dos servizos públicos de transporte regular, dada a repercusión que terá na cidade no próximos dez anos e que na actualidade está en fase de exposición pública.

O Concello coruñés ve necesaria unha negociación conxunta antes de que se saque o concurso, polo que solicita que a Xunta aumente o período de tempo estipulado para presentar alegacións, coa finalidade de analizar "conxuntamente e en profundidade" os cambios efectuados.

Mobilidade quere reunións periódicas co Goberno autonómico para acordar un plan que sufriu modificacións e do que di que necesitan máis información pola repercusión que terá no tráfico da cidade, tras o aumento de 20 liñas.

Parada de autobús. EUROPA PRESS - Arquivo
Parada de autobús. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta