Ryanair terá que pagar case 2.000 euros a dúas persoas polo atraso de seis horas nun voo entre Santiago e Madrid

A Unión de Consumidores de Galicia reclamou os gastos xerados polo atraso e os danos morais derivados da perda das vacacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2019 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Unha sentenza do xulgado da Coruña obriga á liña aérea Ryanair a indemnizar a dúas mulleres con preto de 2.000 euros por danos e prexuízos derivados do atraso de seis horas nun voo da compañía entre Santiago e Madrid.

Avión de Ryanair
Avión de Ryanair | Fonte: Europa Press.

A Unión de Consumidores de Galicia explicou que estas afectadas, socias da entidade, perderon outro voo que formaba parte dun paquete turístico, por mor do atraso, e a pesar de que a compañía abonou á indemnización correspondente á demora negouse aceptar ningunha outra responsabilidade como consecuencia do incumprimento horario.

A UCGAL reclamou a Ryanair os gastos xerados polo atraso e os danos morais derivados da perda das vacacións.

Tras iniciarse posteriormente un proceso xudicial, en nome das afectadas, o tribunal fallou con sentenza en firme e contra a que non cabe recurso, quedando obrigada a empresa a abonar os danos e prexuízos provocados, calculados en preto de 2.000 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta