Os pisos con piscina son un 15% máis caros en Galicia, segundo idealista

É un 14,7% máis caro.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 06/08/2019 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia



A adquisición dun piso con piscina en España alcanza de media os 275.693 euros en España, o que supón un 31% máis caro que compralo sen ela, ao reducirse o prezo a 191.041 euros, segundo un estudo publicado por idealista, que indica que no caso concreto de Galicia é un 14,7% máis caro.

O estudo reflicte que Andalucía é a comunidade na que a diferenza entre as vivendas que se venden con piscina fronte ás que non é maior, xa que o seu prezo é un 78% superior. Séguenlle as diferenzas de prezo de País Vasco (60,5% máis caras), Estremadura (60,4%), Aragón (53,8%) e Navarra (52%). En Cantabria, en cambio, a diferenza entre uns e outros pisos redúcese ao 10,7%, seguida pola Comunidade de Madrid (12%).

Así mesmo, Andalucía é tamén onde unha maior porcentaxe de vivendas no mercado contan con piscina (31,8%), seguida por Baleares (31,7%). Por baixo do 30% do parque dispoñible están a Comunidade Valenciana (27,1%), Madrid (26,6%), Canarias (25,2%) e A Rioxa (20,5%). Pola contra, Euskadi (2,1%), Navarra (2,4%), Asturias (3,5%) e Galicia (4,1%) son as rexións nas que vivendas con piscina son menos frecuentes.

As diferenzas de prezos entre vivendas con piscina e as que non a teñen varían tamén segundo as capitais, segundo reflicte o estudo. A maior diferenza atópase na cidade de Barcelona, onde os prezos varían un 117%. Séguenlle Lleida (99,5%), Teruel (98,3%) e Santa Cruz de Tenerife (84,4%).

Piscina - Arquivo
Piscina - Arquivo | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta