Carmela Silva avoga por "redobrar a colaboración" da Deputación de Pontevedra co Instituto Armado

O novo coronel da Comandancia de Pontevedra expresa a súa preocupación polos incendios forestais no verán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2019 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu este martes no seu despacho ao novo coronel da Comandancia pontevedresa, Simón Venzal Contreras, a quen trasladou a súa intención de "redobrar a colaboración" que a institución provincial vén mantendo co Instituto Armado. "Sempre colaboramos man con man pero hai máis espazos onde podemos colaborar", dixo a presidenta provincial no marco deste primeiro encontro co novo responsable da Comandancia.

A presidenta da Deputación expresou a súa satisfacción por recibir ao novo coronel e, tras a reunión, manifestou que as Forzas e Corpos de Seguridade "son fundamentais para seguir consolidando este sistema democrático que temos".

Ademais, no caso particular da Garda Civil cre que xoga un papel importante na vertebración do territorio e no mantemento do patrimonio, o coidado do medio ambiente e a loita contra as violencias machistas, entre outras cuestións.

Pola súa banda, Simón Venzal tamén coincidiu nesta "sintonía" entre ambas as institucións e na aposta conxunta "para manter unha colaboración estreita para facer, para mellorar e para chegar a todos os recunchos da provincia", sinalou.

INCENDIOS FORESTAIS

Ante os medios de comunicación o novo coronel da Comandancia de Pontevedra expresou a súa preocupación, nesta época do ano, polos incendios forestais.

Respecto diso, Simón Venzal recoñeceu que ás preocupacións habituais de todo o ano, "que todos os cidadáns teñan sensación de seguridade", súmaselle unha "engadida" no verán, os incendios. Trátase dun asunto no que están a traballar e o coronel entende que "ese traballo de rigor" deben "estendelo a case todo o ano, non só ao verán". "Oxalá que se puidese ter unha presenza maior, pero temos que ser conscientes das limitacións de orzamento das administracións", sostivo.

O coronel, que tomou posesión do seu cargo en xullo, cualificou de "excelente" o equipo de gardas e mandos da Comandancia de Pontevedra e subliñou que cos medios persoais con que conta a Benemérita "está a prestarse un bo servizo na provincia".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibe ao novo coronel da Comandancia pontevedresa, Simón Venzal Contreras. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibe ao novo coronel da Comandancia pontevedresa, Simón Venzal Contreras. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Praceres

E no BNG agachados e caladiños para contentar as españoladas da Carmiña con lagarto verde pintado na saia. Patético, proclamarse galegos de nación e servir aos intereses do españolismo colonial!

1 Gamela

A coronela non resiste que lle recorden a súa falta de transparencia (conta bloqueada) así é como traballa a maioría absolutisima no Concello de Vigo! Se non fose por esa maioría Carmela presidiría o salón da súa casa en Toralla !!! https://twitter.com/GamelaNova/stat...