As gardarías de iniciativa social poden pedir axudas da Xunta desde este mércores para realizar melloras

Serán subvencionables tanto as obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas como as obras que non necesiten de proxecto técnico, igual que a adquisición e mellora de equipamento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2019 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia abre desde este mércores e ata o 6 de setembro o prazo de presentación de solicitudes para a concesión de axudas para mellorar as infraestruturas e equipamentos das escolas infantís de nenos de 0 a 3 anos que sexan xestionadas por entidades privadas de iniciativa social.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde que regula a concesión destas axudas que contan cun crédito total de 400.000 euros, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Serán subvencionables tanto as obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas como as obras que non necesiten de proxecto técnico e melloren a accesibilidade ou doten ao edificio de servizos necesarios.

Tamén entran dentro desta orde de axudas a adquisición e mellora do equipamento do centro e a compra de mobiliario interior e exterior, así como de material didáctico e de xogo. Como novidade, a compra deste material deberá realizarse aplicando a perspectiva de xénero.

Escola infantil da Galiña Azul en Baiona
Escola infantil da Galiña Azul en Baiona | Fonte: valminor.tv

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta