Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2019 | Actualizada ás 17:46
A CIG denuncia "falta de medios humanos" no operativo da campaña da Xunta para o período de alto risco contra os incendios forestais. Segundo asegura nun comunicado a central nacionalista, a mingua de persoal se debe a que a Consellería de Medio Rural "non cobre baixas, vacacións nin permisos do persoal", polo que indica que hai brigadas con "un só compoñente" e casetas de vixilancia "pechadas".
"Estamos a falar da época de risco extremo de incendios forestais, na que a Xunta de Galicia debería pór todos os medios para que o dispositivo non mingüe a súa operatividade e efectividade", advirte. Por iso, esixe a cobertura "total" de "todas as prazas" de que dispón o servizo público, para alcanzar "a mellor protección do territorio" e unha "maior seguridade e efectividade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.